Brava fai historia: o triunfo dunha xeración audiovisual

Brava, un proxecto que naceu en febreiro de 2024, da man de Cristela Torres e Bea Villar, para apostar por un contido dirixido á mocidade e cunha perspectiva feminista, novas historia cunha linguaxe contemporánea e formatos innovadores nunca vistos no panorama audiovisual galego. A produtora aínda non alcanzou o seu primeiro aniversario e conta con máis de 20 candidaturas nos Premios Mestre Mateo 2025 da Academia Galega do Audiovisual.

Os catro proxectos que lideran as candidaturas entran dentro de dúas categorías moi competidas destes premios: Raíña-me! e A Previa, como Mellor Programa, e Pringadas T2 e A Moza que Abortou e o Contou, competindo en Mellor Serie Web.

Raíña-me!, candidato a Mellor Programa, é un proxecto dirixido por Álvaro González no cal, Alexa Evans, presentadora do programa, converte en drag a un invitado/a. Entre as súas 11 candidaturas destacan: Alexa Evans como primeira drag queen da historia en optar a Mellor Comunicadora; Bea Villar, a Mellor Dirección de Produción e o creador do formato, Álvaro González, opta a Mellor Guión. O programa consolidouse como un dos éxitos da tempada da plataforma AGalega, fixo público a CRTVG.

A Previa, candidato tamén a Mellor Programa, é un proxecto dirixido por Belén Puime, onde, xunto con Uxía Vázquez, presentan un espazo de conversa con diferentes personalidades destacadas da Xeración Z galega. Entre as súas 8 candidaturas resaltan ás presentadoras, Puime e Vázquez, como candidatas a Mellor Comunicadora e Mellor Guión. É o primeiro sobre a vida universitária galega e superou as 200 mil reproducións nas redes en menos de un mes.

Por outro lado, na categoría de Mellor Serie Web,entran as series producidas por Torres e Villar no ano 2024 e que están colleitando recoñecementos en festivais por todo o mundo; Pringadas T2, unha serie web dirixida por Belén Puime, que conta a historia de tres compañeiras de piso que deben aprender a manexar o “espazo baleiro” da vida entre a adolescencia e os primeiros pasos da adultez. A outra candidatura recae sobre A Moza que Abortou e o Contou, dirixida por Eire Cid e Rosalía Quiroga, que conta a historia de Cora, unha moza de 20 anos que aborta, e decide contarllo a súa familiar durante a cea de nadal, nun formato postmodernista vertical de falso documental nunca antes explorado no noso audiovisual.

Todos estes proxectos, producidos no ano 2024 por Brava, destacan por ser realizados por un equipo maioritariamente feminino, composto por profesionais galegos da Xen Z e millenial, brindándolle un espazo ás novas xeracións no sector baixo a marca Brava e cun éxito sen precedentes, consolidándose en menos de un ano de vida como referente na cultura galega e co apoio do público e crítica.

Comparte éste artículo
No hay comentarios