Melloras laborais para os bombeiros comarcais de Lugo: un paso adiante para a seguridade cidadá

Despois de un ano de negociacións a nivel autonómico e de algo mais de medio ano de Folga Autonómica, os Bombeiros dos Parques Comarcais de Lugo chegaron a un acordo para asinar un novo Convenio Colectivo e unha Relación de Postos de Traballo.

A Representación Sindical dos Bombeiros Comarcais de Galicia xunto coa Deputación Provincial de Lugo e a Xunta de Galicia que conforman o Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servicio Contraincendios e Salvamento asinaron o novo Convenio Colectivo que vai rexer as novas condicións dos Bombeiros Comarcais de Lugo. Tamén se aprobou a Nova Relación de Postos de Traballo cun incremento de persoal para os 6 Parques de Bombeiros que conforman o Consorcio, unha demanda da Representación dos Traballadores que se ve satisfeita e que é un logro desde que no 2.011 estes Parques se botaran a andar.

Esta nova R.P.T. encadra o persoal dentro do organigrama do ente público finalizando así coa estabilización dos Bombeiros xerando seguridade laboral os profesionais das emerxencias do Consorcio de Lugo.

A nova contratación de efectivos que trae a R.P.T. mellorará substancialmente a prestación do servizo que se presta a cidadanía.

A firma do novo Convenio Colectivo permite a unificación e mellora das condicións existentes regulando aspectos como a xornada laboral, permisos, licenzas, etc.

O Consorcio Provincial de Lugo é o primeiro dos Consorcios galegos en chegar a un acordo satisfactorio para as partes. Nas vindeiras semanas espérase que o resto dos Consorcios Provinciais poidan chegar o ansiado acordo entre a Parte Sindical e as Administracións.

Comparte éste artículo
No hay comentarios