Cobre San Rafael garante o equilibrio ambiental en Touro con aire limpo e unha xestión de estériles segura

Respecto a nota de prensa distribuida por ADEGA e publicada no diario, Cobre San Rafael desminte as acusacións de posibles efectos negativos para a calidade do aire e a xestión dos estériles.

O Proxecto para a reactivación da mina de Touro – O Pino garante un estrito cumprimento da normativa ambiental europea, mellorando a calidade do aire e empregando as Mellores Técnicas Dispoñibles (MTD) no sector. A xestión de estériles tamén está deseñada para evitar calquera impacto negativo para as augas superficiais e subterráneas, sendo validada por experiencias previas en proxectos de minería sostible.

Ademais, Cobre San Rafael pon á disposición da sociedade os estudos técnicos e científicos que avalan o proxecto e reafirma o seu compromiso coa transparencia, o rigor científico e o mellor desenvolvemento industrial para Galicia.

Comparte éste artículo
No hay comentarios