O Grupo Municipal do PP vén de presentar unha emenda á proposición rexistrada hoxe polo goberno local porque consideramos que a súa iniciativa é insuficiente. Socialistas e nacionalistas limítanse a reenviar ao Ministerio a solicitude do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos para que a Ponte das Saamasas leve o nome de Tomás Notario Vacas, sen comprometerse, nin impulsar unha declaración firme da corporación municipal.
O Grupo Municipal do PP anunciou este luns “o noso apoio á petición do Colexio de enxeñeiros e solicitamos unha xunta de voceiros para debatela con rigor e conseguir o respaldo unánime da corporación”.
A iniciativa que hoxe rexistra o PSOE e o BNG é un reflexo da súa política, unha vez máis, prefiren poñerse de perfil.
Dende o PP, pedimos unha maior implicación e que o Concello asuma un papel activo en lugar de ser un mero intermediario. A memoria de Tomás Notario Vacas e o recoñecemento ao seu legado merecen máis que un trámite sen compromiso.