O Concello de Antas de Ulla lamenta que “a débeda herdada do Gobierno anterior impida o desenvolvemento dun polígono industrial”

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O pleno municipal aprobará o xoves revertir á Deputación os terreos cedidos en 2022, “xa que a situación económica non nos permite realizar a infraestrutura”.

O Concello de Antas de Ulla vese obrigado árenunciar á posta en marcha dun polígono industrial “pola situación económica herdadado goberno local anterior”.

A Deputación de Lugo aprobou no 2022 á cesión gratuíta ao Concello de Antas de Ulla duns terrenos destinados a un polígono industrial. 

A institución provincial vinculou a cesión á implantación do polígono industrial nunprazo máximo de 5 anos.

Tras as eleccións do 2023, o novo goberno atopouse “cunha débeda de 1,5 millóns de euros, o que nos obriga a renunciar á posta en marcha do polígono, xa que o concellotiña de prazo ata o ano 2027 e a prioridade agora é manter os servizos públicos municipais”, explica a alcaldesa, Pilar García Porto.

O anterior alcalde do PP de Antas de Ulla desviou os 816.000 euros de fondos europeos que o concello obtivo para a reforma da Casa da Cultura ao pago de facturas; deixou300.000 euros sen pagar correspondentes a sentenzas xudiciais, e 341.072 euros en impagos do subministro de enerxía, entre outras partidas.

“Puxémonos a traballar e xa reducimos a débeda en 170.000 euros, e a Casa da Cultura é unha realidade, pero proxectos como o do polígono son inviables a curto prazo, polo que revertiremos os terreos cedidos á Deputación de Lugo no pleno deste xoves”, engade a alcaldesa.

O concello non descarta pedir no futuro de novo a cesión dos terreos á Deputación, unha vez que mellore a situación económica local.

Comparte éste artículo
No hay comentarios