Guido Guía, Diego AS e Gómez Vila remataron cinco días na Vía Künig con grande éxito de difusión nas redes

Onte domingo o guía turístico Guido Álvarez, o artista Diego AS e o historiador Javier Gómez Vila remataron 5 días de peregrinaxe pola vía Künig dende Pedrafita do Cebreiro a Lugo. Máis de 100 persoas acompañáronos en distintos días da súa viaxe, e decenas de miles de persoas seguíronos e alentáronos diariamente a través das redes.

Recibiron o apoio de colexios, panaderías, aloxamentos, bares, confiterías, restaurantes, institucións e sobre todo dos veciños e veciñas de todos os concellos polos que pasaron: Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Becerreá, Baralla, O Corgo e Lugo.

Entre os 13 peregrinos que fixeron as 5 etapas completas había xente de Arxentina, Madrid, Oleiros, Ribadeo, Foz, Quiroga, Guitiriz e Lugo. No resto de participantes houbo presenza de moita xente da provincia de Lugo, pero tamén de localidades como A Estrada, A Coruña, Fene, Ferrol ou Santiago de Compostela.

As máis de 50 publicacións fixas (sen contar as historias de Instagram e Facebook) tiveron cada unha delas varios miles de visualizacións, sobre todo en Instagram e Facebook, pero tamén noutras redes como TikTok, X, Youtube ou Linkedin. Unha demostración do enorme potencial deste camiño histórico que traballa dende hai moitos anos por ser oficializado como Camiño de Santiago.

Comparte éste artículo
No hay comentarios