Besteiro: «A única Galicia que pode gobernar Galicia xa está en marcha» 

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, proclamou hoxe na clausura do 15º Congreso Nacional do Partido Socialista de Galicia que o PSdeG é a única esquerda con capacidade de gobernar Galicia: «Somos a alternativa real ao conformismo do PP e á Galicia da resignación que impón Rueda. Somos a esquerda que pode, a única esquerda que pode», afirmou ante un auditorio cheo de militantes e simpatizantes.

Estamos preparados e preparadas para gobernar porque somos capaces de liderar o cambio en Galicia.

Hoxe comeza ese camiño. Non é unha frase feita, é unha firme convicción.

Sei que podemos ser a alternativa política en Galicia para cambiar este país.

Somos a esquerda que pode, a ÚNICA esquerda que pode:

A única, porque lideramos a transición ecolóxica, sen demagoxias.

A única, porque damos a cara, orgullosos do que defendemos, sen caretas, sen Entroido.

E a única, porque querer á túa lingua é compartila, sen apropiacións indebidas.

Por estas e moitas máis razóns, este partido ten unha folla de ruta propia e é a ÚNICA esquerda que pode. Estou convencido!”

Acompañado polo presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, Besteiro reivindicou o papel clave do socialismo para transformar Galicia, denunciando a parálise de 16 anos de gobernos do PP e poñendo en valor as políticas progresistas que xa están a mellorar a vida dos galegos grazas ao Goberno de España. «Dicían que era imposible manter un goberno de progreso en España e fixémolo. Fixéchelo, Pedro!», exclamou Besteiro, arrincando un sonoro aplauso.

O líder dos socialistas galegos fixo un chamamento á mobilización da esquerda, deixando claro que non hai atallos nin terceiras vías: o único cambio posible en Galicia pasa polo PSdeG. «Aquí hai tres opcións: unha dereita que só goberna para os seus, un nacionalismo que se pecha en si mesmo e un proxecto socialista que sempre puxo Galicia no centro. Nós somos a esquerda de todos e todas, a esquerda galega, a esquerda que pode e que vai gobernar», asegurou.

Un modelo de futuro fronte á decadencia do PP

Besteiro denunciou na súa intervención que a sanidade galega está ao límite e que máis de 200.000 galegos seguen agardando por unha cita cun especialista. «Cada día de goberno do PP en Galicia é un día máis de deterioro da sanidade pública e de negocio para a privada», advertiu. Reiterou o compromiso do PSdeG de reforzar a Atención primaria e reducir as listas de espera, garantindo un sistema sanitario público forte e accesible.

Tamén puxo o foco na necesidade dunha política de vivenda que dea respostas reais á mocidade. «Cada día hai tres novos solicitantes engrosando unha lista de espera interminable para acceder a unha vivenda. Por iso, o PSdeG creará un Banco Público de Alugueiro, para garantir prezos accesibles e que ningún mozo ou moza teña que marchar de Galicia por non poder pagar unha casa», anunciou.

Besteiro advertiu que a dereita galega instalou o país nunha espiral de decadencia, mentres o Goberno de España impulsado polo PSOE ofrece solucións reais. «Rueda négase a aceptar a condonación de 4.000 millóns de euros da débeda autonómica só porque é unha medida socialista. A alguén lle entra na cabeza que te chamen para dicirche que non pagues un terzo da débeda e ti digas que non? Este é o ‘sentidiño’ do PP», ironizou.

Na súa intervención, denunciou así mesmo a manipulación dos medios públicos en Galicia ao servizo do PP e asegurou que o PSdeG traballará para recuperar a pluralidade informativa. «Os galegos e galegas vivimos en liberdade vixiada. A Radio e Televisión Pública de Galicia converteuse nunha factoría de bulos e manipulacións co único obxectivo de perpetuar a dereita no poder. Iso ten que rematar», afirmou.

Sobre o modelo económico, Besteiro apostou pola reindustrialización e a transición ecolóxica, pero sen permitir «trampas nin especulación». Referiuse directamente ao proxecto de Altri en Palas de Rei, deixando claro que «ningún modelo industrial será imposto en Galicia sen transparencia, respecto ao medio ambiente e garantías para a cidadanía”.

Ademais, subliñou que a convivencia territorial é clave para o futuro do país. «Defendemos unha Galicia ben conectada cara ao exterior e no seu interior. Non queremos unha Galicia de dúas velocidades», afirmou.

Tamén destacou a importancia da convivencia social: «Falamos dos servizos públicos, da sanidade, da educación, da dependencia, da vivenda. Falamos da convivencia social. Nós non imos permitir que a mocidade sexa a ‘xeración sen casa’. Defendemos un Banco Público de Alugueiro para garantir o acceso á vivenda”.

Finalmente, fixo unha defensa apaixoada da democracia e da unidade europea fronte aos perigos do ascenso da extrema dereita e do nacionalismo excluínte. «O PP foi o cabalo de Troia co que a extrema dereita chegou ás institucións. En Galicia non, porque aquí a extrema dereita xa está acomodada no PP», advertiu.

O secretario xeral do PSdeG concluíu o seu discurso asegurando que «este Congreso marca o inicio dun camiño sen volta atrás. Galicia necesita un cambio e nós lideraremos ese cambio. Sen unha soa pinga de dúda. Ímolo facer!”.

Executiva do PSdeG

Presidencia: Carmela Silva Rego

Secretaría Xeral: José Ramón Gómez Besteiro

Secretaría de Organización: Lara Méndez López

Secretaría de Relacións Institucionais: Marta Álvarez-Santullano Fernández-Trigales

Secretaría de Igualdade: Silvia Fraga Santos

Secretaría de Política Municipal: Juan Manuel Rodríguez García

Secretaría de Administración, Acción Electoral e Réxime Interior: Luis Ángel Lago Lage

Secretaría de Economía e Facenda: Abel F. Losada Álvarez

Secretaría de Ordenación Territorio e Rexeneración Urbana: Noemí Díaz Vázquez

Secretaría de Política Social, Maiores e Dependencia: Natalia González Beneitez

Secretaría de Educación e Formación Profesional: Fabián Canosa Pasantes

Secretaría de Acción Territorial e Formación: Aitor Bouza Manso

Secretaría de Promoción Económica e Emprego: Nereida María Canosa Domínguez

Secretaría de Medio Ambiente e Emerxencia Climática: Rubén Prol Mariño

Secretaría de Sanidade e Voceiro: Julio Torrado Quintela

Secretaría de Transportes e Mobilidade Sustentable: Patricia Otero Rodríguez

Secretaría de Universidades e Ciencia: Julio Abalde Alonso

Secretaría de Movementos Sociais: Uxía Oviedo De Dios

Secretaría de Agricultura, Gandaría e Desenvolvemento Rural: Roberto Fernández Rico

Secretaría de Memoria Democrática e Laicidade: Iván Puentes Rivera

Secretaría de Cultura e Lingua: Silvia Longueira Castro

Secretaría de Estudos e Programas: Ángel Rivas González

Secretaría de Deportes e Políticas Saudables: Jorge Bustos Atanasio

Secretaría Políticas Forestais e Montes: Teresa Fernández Pérez

Secretaría de Rexeneración Democrática e Transparencia: Lorena Tenreiro Blanco

Secretaría Transición Enerxética e Planificación Industrial: Ángel Mato Escalona

Secretaría LGTBI: Aitor Rodríguez Casanova

Secretaría do Mar e Recursos Mariños: José Ramón Romero García

Secretaría Innovación, IA e Transformación Dixital: Francisco Cardama Santiago

Secretaría de Dereito a Vivenda: Iria Sobrino Fagilde

Secretaría de Análise e Prospectiva: Bárbara Domínguez González

Secretaría de Política Europea: Nicolás González Casares

Secretaría de Políticas de Seguridade e Emerxencias: Digna Rivas Gómez

Secretaría de Turismo: J. Ignacio Gómez Pérez

Secretaría de Emprendemento: Patricia Domínguez Barja

Secretaría de Función Pública e Xustiza: María Fernández Ojea

Secretaría de Despoboamento e Reto Demográfico: Ramón Alonso López

Secretaría de Comercio e Consumo: Gloria Prada Rodríguez

Secretaría de Galicia Exterior: Eladio Santos Martínez

Secretarías Executivas:

Marta Rouco Seoane

Ana Alvite García

Estefanía Taín Surribas

Celso Fernández López

Etiquetas
Comparte éste artículo
1 comentario