Repartidas 200 trampas entre a veciñanza.
Onte achegábanse ata o Centro Social de Dumbría ao redor dun cento de veciñas e veciños do concello para informarse sobre a campaña de trampeo da vespa velutina.
O alcalde de Dumbría, Raúl González, e o responsable da empresa contratada para esta campaña informaron á veciñanza sobre os perigos que entraña esta especie e sobre como combatela.
Ao final da xornada, repartíronse 200 trampas entre os asistentes.
Nos vindeiros días continuarase co reparto de material nas oficinas municipais para as persoas que así o soliciten.