O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na sexta edición da carreira Lugo en marcha contra o cancro

O evento organizado pola Asociación Española contra o Cancro partiu da Praza da Horta do Seminario e consistiu nunha andaina popular, apta para todas as idades, una carreira de cinco quilómetros para adultos e outras adaptadas para os menores.

Esta iniciativa solidaria, que conta co apoio do Goberno galego, ten por obxecto recadar fondos para os programas dirixidos a mellorar a vida dos pacientes de cancro e as súas familias, así como para impulsar a investigación oncolóxica.

Comparte éste artículo
No hay comentarios