Coordinador UCIN Galicia
A palabra angustia está emparentada co latín «angustus», o idioma da antiga Roma tan recorrido polo Presidente do Goberno. O sentimento de angustia vivido este luns grazas aos acontecementos que se escaparon á rutina ou do cotiá do noso día a día, polo “apagamento en España”, forzou a comparecencia do presidente Pedro Sánchez, onde apuntou cara aos «operadores privados» a súa culpabilidade. No seudiscurso, Sánchez non excluíu explicitamente a Rede Eléctrica de España do grupo de “operadores privados”, a pesar de que esta empresa ten unha participación estatal do 20 % a través da SEPI e a súa presidencia está en mans dunha exministra socialista,
Beatriz Corredor. As compañías eléctricas no noso país está nas mans de exministros, os cales utilizan a chamada “porta xiratoria”, onde altos cargos políticos, acaban ocupando postos en empresas do sector enerxético, a miúdo eléctricas. O feito que une a políticos de dereitas, esquerdas e nacionalistas é a súa afección a reengancharse nestas empresas tras deixar o cargo, contando con exemplos como Antonio Hernández, Ángel Acebes, José María Aznar, Isabel Tocino, Josep Borrell…
A lista de acoplados segue crecendo mentres que a factura eléctrica dispárase. Algo que estamos a aprender é que os partidos políticos, en España, actúan como «cárteles mafiosos». Vivimos baixo o mandato caciquil político, os oligarcas políticos repártense o país por áreas de influencia. Cada oligarca goza do seu correspondente feudo, quen a miúdo utilizaban a súa riqueza para influír na política e nas decisións gubernamentais. En Europa a Comisión Europea, pola súa banda, instou ao Goberno español a ofrecer unha explicación clara e técnica sobre o apagamento, subliñando que a confianza nos sistemas enerxéticos dos países membros é esencial para a estabilidade do mercado europeo.
O que temos que ter claro, é que a medida que se van desenvolvendo os acontecementos, este desastre sempre o pagan os mesmos, os cidadáns. «Ante a miña humilde opinión, os únicos responsables son: o estado español e a Rede Eléctrica».