Ante a falta de persoal nos servizos municipais e a mala xestión continuada por parte do Alcalde, que está a afectar gravemente á calidade dos servizos públicos que toda A CIDADANÍA DE LUGO merecemos, convocamos unha mesa de recollida de sinaturas para esixir responsabilidades e solucións urxentes.
As demandas que plantexamos son as seguintes:
● PEDIMOS de maneira inmediata dotación de persoal suficiente en todos os departamentos municipais para evitar a ESPERA e AXILIZAR todos os procedementos.
● A mellora da planificación e organización dos servizos básicos para unha ATENCIÓN MÁIS EFICIENTE.
● O persoal municipal NON ten A CULPA, cando nin sequera se nos respectan os dereitos e condicións laborais.
● ESIXIMOS Transparencia na xestión e rendición de contas por parte do equipo de goberno.
A túa sinatura conta! Participa e axúdanos a defender un Lugo máis xusto, eficiente e ao servizo da cidadanía.
Cada vez que este Bigoberno (PSOE/BNG), privatiza un servizo público está obrigando á cidadanía de Lugo a abonar o IVE
● Os servizos públicos municipais son a nosa gran fortaleza. O que ten que facer este Goberno Progresista de Esquerdas é pisar o acelerador dunha vez para impulsar un Concello moderno e eficaz xunto ao persoal municipal. Cada vez que este Bigoberno privatiza un servizo público está obrigando á cidadanía de Lugo a abonar o IVE máis un beneficio económico ás empresas encargadas de prestar os servizos, beneficio que sae da suba dos impostos.
● O concello de Lugo non ten unha organización dos RRHH de cara a planificar os servizos máis esenciais do Concello. O deterioro dos servizos municipais agravado pola falta de persoal en servizos de atención continuada, xera no persoal sobrecarga de traballo e por conseguinte unha merma na calidade dos servizos que se prestan á cidadanía,
● O persoal do Concello de Lugo NON temos a culpa desta desorganización, ademais este Goberno está a vulnerar constantemente os nosos dereitos e condicións laborais.
O Goberno de Miguel Fernández non é transparente nin rende contas cando lle son solicitadas
● Temos casos flagrantes os cales pedíuselle explicacións e tomaron a calada como resposta, ou con evasivas. É unha falta de respecto cara ó persoal público, lonxe de reforzar os servizos municipais, permiten o seu desmantelamento provocando servizos saturados, trámites acumulados ou retrasos nas citas……..
● Quen di defender os servizos públicos non poden contar no seu haber con toda a súa Área de xestión entregada a empresas e Oligopolios.