A Laracha. Remata o curso de condución de carretillas elevadoras do Programa Integrado de Emprego

Participaron 30 persoas, e outras 13 iniciaron a actividade na formación de Acompañante en transporte escolar.

Rematou con éxito o curso de Condución de Carretillas Elevadoras dentro das accións do Programa Integrado de Emprego (PIE) do Concello da Laracha 2024-2025. Un grupo de 30 persoas desempregadas participaron activamente nesta formación deseñada para reforzar as súas habilidades profesionais e abrir novas oportunidades no competitivo mercado laboral. 

Varios deses alumnos aproveitan agora a oportunidade de realizar prácticas non laborais en empresas colaboradoras para poñer en práctica os coñecementos adquiridos na formación. 

Ademais, comezou a formación de Acompañante de transporte escolar na que participan 13 persoas desempregadas. Está formación completa o itinerario iniciado coa formación de Coidador de comedor escolar. 

O Concello da Laracha, co apoio da Xunta de Galicia e do Servizo Público de Emprego Estatal, continúa apostando polo desenvolvemento de políticas activas de emprego poñendo en marcha iniciativas dirixidas a mellorar a formación das persoas que se atopan en situación de desemprego coa finalidade de aumentar as súas opcións de inserción no mercado laboral.

Comparte éste artículo
No hay comentarios