UCIN Santiago de Compostela nomea como coordinador a Diego Adrián Mallo e preséntase como forza local comprometida

Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) Santiago de Compostela vén de anunciar o nomeamento de Diego Adrián Mallo como o seu novo coordinador na cidade. Con esta designación, UCIN preséntase oficialmente ante a veciñanza compostelá como unha nova forza política local, firmemente comprometida coa realidade do municipio e coas necesidades da súa cidadanía.

UCIN nace coa premisa de ser unha alternativa sen dependencias externas nin intereses alleos, apostando por sumar con independencia, proximidade e responsabilidade. Os seus membros son un grupo de persoas que coñece de preto Santiago, desde os seus barrios ata o seu rural, e entende as súas necesidades máis urxentes.

A formación destaca o seu compromiso cun traballo serio, un diálogo aberto e a defensa activa dos intereses dos composteláns. UCIN defínese como unha alternativa plural e sen dogmas, centrada exclusivamente nas persoas e na mellora continua da cidade.

A proposta de UCIN é clara: sen promesas baleiras, con unha vontade real de escoitar, propoñer e construír xuntos. Como eles mesmos afirman: «Porque Santiago merece máis. Porque a política tamén pode facerse doutra maneira. UCIN Santiago de Compostela ao teu carón.»

Comparte éste artículo
No hay comentarios