O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da 17 edición da Festa da Xuventude no Camiño, que organiza a Asociación Xuvenil de Palas de Rei nesta localidade e conta co apoio da Xunta de Galicia.
Celebrarase este venres, día 4, a partir das 16,00 horas. Comezará cun obradoiro infantil na Praza do Concello a cargo do centro pedagóxico Aloumiño e haberá animación musical polas rúas a cargo da charanga “Era visto”. Xa pola noite, a verbena estará amenizada pola orquestra Panorama e DJ Casanova.