Constituído na Coruña o movemento Insubmisas Contra o Rearmamento

O pasado 3 de xullo, na praza de Pontevedra, no emblemático espazo da Pomba, un grupo de persoas constituíron en asemblea aberta o movemento Insubmisas Contra o Rearmamento en A Coruña.

Este movemento, de iniciativa estatal, xa está presente en territorios como Catalunya, Andalucía, Euskadi e Asturias, entre outros. En Galicia, leva activo desde maio, realizando asembleas en diversas localidades.

O pasado xoves 3 de xullo celebramos en A Coruña unha asemblea local coa finalidade de «organizar á cidadanía comprometida coa paz a través dun espazo aberto que se opón ao rearmamento europeo, ao incremento do gasto militar e á complicidade dos gobernos co negocio da guerra«.

Entre os primeiros acordos desta asemblea destacan a realización dunha campaña informativa sobre as inversións das entidades bancarias —que utilizan os aforros da cidadanía— no negocio bélico, así como a denuncia do Festival Morriña, vencellado ao fondo de investimento proisraelí KKR.

Desde este colectivo posicionámonos en contra do aumento do gasto militar ata o 5% do PIB, que consideramos «unha catástrofe social financiada cos nosos impostos e ao custo dos servizos públicos». Insistimos en que «esta carreira armamentística non busca protexernos, senón que está ligada a contratos, alianzas militares e unha industria que se alimenta do medo, porque o medo vende armas».

Comparte éste artículo
No hay comentarios