En xaneiro do ano pasado comenzamos a esixir planificar, con visión a curto e medio prazo, dar resposta ás necesidades sanitarias presentes e futuras do norte de Oleiros. O Concello respostou cunha convocatoria de manifestación.
Urxía e urxe dar unha solución definitiva que non pasa por apoiar os parches que propón a Xunta a petición de AVV. Neste campo hai que ser ambiciosos e esixir ao Concello de Oleiros que poña a disposición do Goberno Autonómico chan para a construcción dun novo Centro de Saúde en Mera con espazo suficiente para un aparcadoiro.
Os culpables da situación son AVV e o PP que pactaron facer un parche no Centro de Saúde de Mera.
A deficiente situación estructural do edificio fai que non sexa seguro nin viable o cambio de uso da segunda planta que propón AVV. Trátase dunha construcción que está dando sinais de agotamento, con desprendementos de cornisas estructurais e piares de formigón e na que dado o seu estado, apostar por parches é pan para hoxe e fame para mañá.







Tras dous meses dende que caeron trozos da estructura do Centro de Saúde, e de que non fixeran nada agás poñer unha cinta de protección, agora vallan o perímetro ante a proximidade das festas.
Está ben mellorar a protección do entorno pero o que hai que facer é un amaño urxente do edificio e sobre todo, mudar a conducta cómplice de AVV co PP para facer un parche en vez de esixir un novo Centro de Saúde para o norte do concello.»