II Festa Bonita en Sande

oplus_2

Xogos para nenos e maiores, inchable, toro mecánico, ceade picoteo e sesión de Dj Estrearase o documental do Entroido de Sande.

Desde a Asociación Cultural Entroido As Bonitas de Sande organizamos para o vindeiro sábado, día 19 de xullo, unha festa de verán moi especial: a II Festa Bonita, un evento pensado para agradecer a fidelidade dos nosossocios -pero aberto a todos aqueles que así o desexen- que fan posible que poidamos levar a cabo a nosa actividade, non só coa súa colaboración económica, senón tamén polo seu apoio a través da participación en cada proposta que facemos, así como os azos para seguir facendo cousas para activar a vida no rural deste pequeno recuncho do Concello de Cartelle.

Durante a xornada contaremos con monitores que comezarán desde ás 18,00 horas con xogos e probas para nenos e maiores, haberá un inchable no que a cativada o pasará en grande e toro mecánico para todos aqueles que desexen probar equilibrio. Para repor forzas, ofreceraseunha cea de picoteo.

Estas actividades, así como a cea, terá un prezo simbólico de 3€ para os socios, e, para aqueles que non sexan socios e desexen participar, será de 12€ adultos e 8€ menores de 9 anos. 

Tras a cea terá lugar a proxección dun documental sobre o Entroido de Sande feito por Lembrame.gal que recolle as diferentes xornadas do noso Entroido, así como entrevistas feitas ao longo do ano. Unha cite imperdible na que contamos que se sume canta máis xente, mellor. 

Como fin de festa teremos sesión de Dj a partires das 23,30 horas aberta a todo aquel que queira pasar unhanoite ao grande con boa música e baile ao aire libre.

Sorteo das rifas

Durante a noite tamén se fará o sorteo das rifas. Con cada papeleta, optarase a un premio de 60€, así como diferentes lotes sorpresa entre os que se atopan almorzos en algúnsdos lugares de hostelería do concello. 

Teremos servizo de bar, así como punto de venta de merchandising.

Comparte éste artículo
No hay comentarios