O exadestrador do RC Deportivo, recoñecido pola súa humildade e profesionalidade, leu o pregón ante unha Praza de García Irmáns abarrotada.
Betanzos encheuse hoxe de emoción co pregón das Festas de San Roque, lido polo betanceiro de honra e exadestrador do RC Deportivo, Óscar Gilsanz. Centos de persoas congregáronse na Praza de García Irmáns para escoitar as palabras dunha figura local moi querida.
Gilsanz, que dirixiu ao primeiro equipo do Deportivo en momentos clave, é un referente de humildade e profesionalidade. A súa traxectoria e o seu vínculo coa cidade permitíronlle conectar co público e gañarse o aprecio dos afeccionados deportivistas e de todos os seus veciños.
O pregón de Gilsanz marcou o inicio oficial das celebracións na vila, que xa se preparan para gozar das festas na honra do seu patrón

PREGÓN
Sr. Alcaldesa, Membros da corporación, Representante das Festas e acompañantes, Betanceiras e Betanceiros, e todas as persoas que nos visitan nestes días:
MOI BOAS TARDES.
En primeiro lugar, trasladar o meu sincero agradecemento ó Concello de Betanzos, que no nome da súa Alcaldesa, fixome chegar éste ofrecemento tan importante para min.
Non sei si serei capaz de transmitir a enorme honra que sinto de estar hoxe aquí, neste balcón da Casa do Concello, como pregoeiro das festas de San Roque 2025. Non se me ocorre maior recoñecemento para un betanceiro, que o pracer de poder inaugurar con éste pregón as nosas festas.
Nacín en Betanzos, na consulta do Dr. Sanguiñedo, na rúa da Fonte de Unta. E diría, sin medo a equivocarme, que este feito marcou a miña vida, porque co paso dos anos dinme conta que nacín no millor lugar do mundo, e rodeado da millor xente do mundo.
Durante todo este tempo, fun pasando por diferentes etapas na miña vida:
Fun un neno inquieto, un bo alumno no Colexio Vales Villamarín e no Instituto Fco. Aguiar, un rebelde adolescente, fun tamén un soñador de futbolista profesional, un economista frustrado, e capitán orgulloso do Betanzos CF, fun un voluntarioso adestrador de canteira, e tamén conductor de bus por herencia familiar, fun adestrador a tempo parcial, e agora tamén a tempo completo.
Pero o que nunca deixei de ser, o que sempre estivo presente na miña vida, é o feito de que sempre fun BETANCEIRO.
Comenzei a admirar Betanzos dende as privilexiadas vistas que dende O Norte temos da nosa vila, vistas do seu estratéxico emprazamento, e da gran beleza que nos regala a entrada da ría, hasta confluir nos ríos Mendo e Mandeo, que abrazan a cidade e reforzan a nosa alma mariñeira.
No Norte, son o fillo de Maribel e Mariano (o do Gilsanz), con iso basta. Un fillo orgulloso e agradecido. Tiven, e teño, unha maravillosa familia, todo o que admiro, amo e respeto nesta vida o aprendín deles, e teño que agradecerlles todos os valores cos que nos educaron a miña irmá e a mín, sempre dende o exemplo.
Tiven unha infancia feliz, sin luxos pero con moita ilusión. Xogábamos todo o día na rúa ata que a luz do sol nos deixaba a escuras, loxicamente, ó futbol era a o gran protagonista dos meus xogos, calquer lugar donde poñer 2 porterías era ideal para montar un partido. Outra das cousas que marcou a miña infancia foi a relación cos veciños, eran moito máis que xente que vive o teu carón, eran os primeiros amigos e eran familia, a súa casa era unha extensión da túa propia, coas portas sempre abertas, non era necesario chamar. Agora, sinto a súa emoción cando recordan conmigo os soños que eu lles confesaba.
Chegou o desafío de comenzar na escola. Foi no vello Hospital de San Antonio primeiro, edificio medieval, con un gran protagonismo histórico na cidade, e nas Escolas de San Francisco despois. Hoxe en día doume conta do gran privilexio q era baixar do autobús na Praza do Campo, e percorrer a Porta da Vila, a Rúa Travesa e Santa María ata chegar á escola. Un paseo diario pola beleza inigualable do noso casco histórico, motivo de orgullo de todos nos.
Outra das maravillas do casco histórico é o lugar donde nos atopamos agora, ésta Praza da Constitución, un entorno simplemente espectacular, e con un significado moi especial para min, porque ahí mesmo, no 2º piso do nº7, tiña a miña casa en Betanzos. Ahí vivían os meus padriños Pepe e Lourdes, e da súa man por 1ªvez recorrín as rúas e as prazas, vevín nas fontes e disfrutei do encanto das nosas calexas. E, por suposto, cada 14 de Agosto, dende esa vista privilexiada aprendín a disfrutar das nosas tradicións. E máis, si me fixo un pouco, creo que os vexo nesa galería observando éste momento, moi orgullosos do seu afillado.
O centro neurálxico da vida de Betanzos, situado aquí nesta praza na idade media, trasladouse hoxe en día á Praza dos Irmáns García Naveira, unha praza cunha beleza incuestionable, o Liceo, a Igrexa de Santo Domingo ca súa torre do reloxio, o propio Hospital de San Antonio hoxe convertido nos Xulgados, a entrada do casco histórico pola Porta da Vila, os Soportais…, pero ésta praza ten, ademáis, a vida e a persoalidade que lle dades todos vos, todos os betanceiros que cada día ides mercar, facer alguna xestión, tomar un café ou simplemente pasear.
Sin embargo, para min, e si mo permitides, creo que para todos os que tivemos a sorte de pertencer ó Fútbol Club De Xockey, a Praza dos Irmáns García Naveira foi ó millor estadio de fútbol (futbito neste caso) que podía haber. Cada Domingo pola mañán, unhas porterías feitas con 4 paos, 3 vayas amarelas, sen rede e 4 liñas mal pintadas eran o noso millor estadio, Xogar na praza do campo era como facelo ante miles de afeccionados, era notar a presión dos grandes escenarios.
Por iso, quixera facer o meu pequeno homenaxe a ese rapaz alto e delgado, que sempre estaba rodeado de nenos, nas escaleiras do campo, no Buenos Aires ou no campo do Carregal: Luis “Pexe”, Gracias, Gracias por dedicarnos o teu tempo e por contaxiarme a tua ilusión. Gracias, por cambiar a tua xuventude pola nosa infancia, e por fomentar en nos tanta amizade e tanto amor polo fútbol.
Ese amor polo fútbol, levoume ata o Carregal, donde atopei a paixón da miña vida. Dende 1985 ata 2011, 26 anos, estiven acudindo ó Carregal día sí, día tamén. Como xogador e adestrador de base, como coordinador da canteira e como xogador e adestrador do 1ºequipo. A miña traxectoria deportiva e persoal, non sería a mesma sin o Betanzos C.F. (antes Brigantium). Alí atopei amigos para toda a vida, que me acompañaron sempre o o siguen facendo agora, nese campo de aréa fun debuxando e poñendo en orde os meus soños, e fun acadando honras deportivas casi sen darme conta. Toda esa xente que me fun encontrando no camiño foi deixando unha pegada en min que nunca esquecerei, os COMPAÑEIROS que se convertiron nos millores amigos, os DIRECTIVOS que sacrificaron os seu tempo por nos, os ADESTRADORES que tivemos, con poucos recursos e moita ilusión, e, por suposto, os XOGADORES os que adestrei, que orgullo vervos pola rúa, e recordar con cariño aqueles momentos. En definitiva, a miña traxectoria deportiva ten un pouquiño de cada un de vos.
A miña presencia hoxe aquí, supón que, por segundo ano consecutivo, o deporte betanceiro é o protagonista do pregón das Festas de San Roque. É por iso que non podo deixar pasar éste momento sin poñer en valor o traballo de todos os clubs, e todas as persoas que, en diferentes disciplinas, están a facer unha laboura extraordinaria, deixandose a pel pola formación deportiva. Mulleres e homes de agora e de antes, os que tanto lles debemos, por transmitirnos tantas cousas de extraordinario valor para o deporte e para a vida.
Instar dende aquí tamén ás institucións, tanto locais como autonómicas, a seguir impulsando o deporte, porque invertir en deporte, é facelo e saúde, en xuventude é tamén en valores.
Como vedes, para min é moi difícil falar de Betanzos, sin falar de vos, dos betanceiros. Da miña familia e dos meus amigos que estiveron acompañandome en cada paso da miña carreira, dende o Carregal ata Riazor, dende a Rexional Preferente ata 2ª División, sempre o meu lado. Da xente que me para pola rúa para darme folgos, dende sempre, sintome moi arroupado por todos vos.
Pero si hay un momento especial que nos une e nos reúne a todos, ese son as nosas festas. Que facilidade temos para disfrútalas, pero canta dificultade para explicar o que sentimos, porque Betanzos, e o San Roque é un sentimento.
O día 14 pola mañan, Betanzos brilla dunha maneira diferente, da igual si fai sol ou si está nublado, a luz dese día é especial, a xente ten un sorriso distinto.
Os que estamos sempre, seguimos aquí, os que non están, xa van chegando. Avós presumen de netos chegados do outro lado do país, pais toman os viños cos fillos que veñen só por uns días, todos mostran orgullo e ledicia, o San Roque xa está aquí. Á noite, despois do pregón, os amigos xuntanse a cear e facer a noite longa, ninguén pode faltar.
E xa chega, todo o ano esperando polo día do globo, que, ademáis, éste ano cumpre o seu 150 aniversario. A xornada amanece tranquila, ata chegar ó campo e ver a maza colgando da torre, e ahí xa entra o nervio, mirar si chove, si vai vento. Ó anoitecer, o máxico baile das danzas gremiais nos prepara para o gran momento. E cando sae pola porta da igrexa, todos aplaudimos, a praza está chea. Os nervos no seu hinchado. Ese proceso, que sempre é igual, e sempre é distinto. Tocalo para sentilo, os dedos doen, e sinal de que o globo engorda. As voltas, a barquilla, o lento ascenso entre abrazos, bagoas e saltos de ledicia. O espectáculo é admirable dende medio mundo, pero para nos, para os betanceiros é moito máis, é facer balance do ano unha vez máis, é recordar a quen non está, a quen nos ensinou a sentir éste momento. Dende o pé da torre ata os balcons dos Soportáis, dende a Porta da Vila ata a Carretera de Castilla, en calquer lugar da praza os ollos chorosos demostran que o noso globo é puro sentimento.
E non podería rematar éste pregón sen mencionar as 2 xiras fluviais a Os Caneiros. Donde a mestura da festa e da tradición alcanzan a súa máxima expresión. O 18 é o 25 son días sinalados. As lanchas alineadas no río, o Malecón e A Ribeira respiran festa. Esa camisa ou ese sombreiro que só ven a luz éste día, as colas nas panaderías, ese ir e vir de xente con presa. Embarcamos, e xa estamos todos, brindamos por tantos anos disfrutando xuntos desta festa. Tamén recordamos emocionados a quen deixa o banco vacío. E comemos, e bebemos, e cantamos. Poucas imaxes mais fermosas que a fusión da noite e o río na chegada á Ponte Vella, nese descenso único polo río Mandeo. Os Caneiros son moito mais.
E para finalizar, só me queda dexesarvos a todos moi bo San Roque, tendo en conta que ademáis do pracer de disfrutalo, temos o privilexio de sentilo.
VIVA BETANZOS!!!!!
VIVA SAN ROQUE!!!!!















