Incendios sen control: o abandono e a falta de medios da Xunta deixan aldeas “totalmente abrasadas” (vídeo)

O vídeo e da aldea de San Vicente de Leira, hai outra totalmente abrasada no mesmo concello, a aldea de Cernego (as dúas en Vilamartín de Valdeorras)…Ningún medio NINGÚN ardeu todo sen que os veciños poideran facer fronte as lapas.
Profunda mágoa!!!
Pena Trevinca toda arrasada/calcinada, voluntarios e veciños poideron salvar o Teixadal de Casaio…A Xunta: SILENCIO para o goberno galego as montañas máis altas do país non existen, un dos ecosistemas de alta montaña de máis valor fixérono desaparecer das súas estadísticas incendiarias. Teñen que dicir a superficie arrasada en Pena Trevinca, no Macizo Central, na Raia Seca, no Val de Monterrei, en Valdeorras no Courel…Quen minte a Xunta de Galicia ou os datos que facilita o sistema copernicus da Unión Europea??? (ollar os datos que se achegan).
A Xunta de Galicia engana e minten!!! Agochan a súa incompetencia e desleixo na mentira e o engano.

Sabendo ben a diferencia que hai entre un incendiario e un pirómano, en Galicia a política forestal, a política de prevención e extinción de incendios e o Goberno galego están liderados por pirómanos sen uns mínimos principios éticos e morais inxénuo de min, pedir principios a un incendiario ou a un pirómano

Os traballos de prevención orzamentados e aprobados para o ano 2025 sen facer…vacantes e baixas de bombeiros forestais, conductores de autobomba, vixiantes de incendios sen cubrir (chegaron a incendios de Ourense brigadas da Coruña con só dous compoñentes, como mínimo deben ser cinco), distritos enteiros sen un só vixiante as 24 horas do día nas casetas de vixiancia máis estratéxicas…autobombas parados por falla de conductores, 14 equipos «batracio» que costaron 5 millóns de euros ninguén sabe deles…a estrutura dos axentes forestais desfeita, creáronse unidades ao antoxo do Ditector Xeral de Defensa do Monte (incendios) sen os principios constitucionais básicos que deben rexir unha administración pública. Máis da metade do operativo de extinción (brigadas e autobombas) deixados nas mans dos concellos (falla de equipamento axeitado, formación, experiencia…).

Fan falla medios??? claro que fan falla medios e levámolo dicindo fai máis de dez días polo que xa estaba acontecendo daquelas (un servizo de emerxencias expandese ou contraese en función das necesidades), levámolo dicindo fai medio século mais ninguén escoitou, ninguén fixo caso «a tolemia e facer sempre o mesmo e agardar resultados diferentes». Dixemos que vista a situación, visto o estado de abandono dos montes e vistos os primeiros incendios deste verán, Galicia non tiña capacidade para facer fronte a extinción destes lumes, dixemos que precisabamos a declaración do Nivel 3 (coordinar a axuda co Estado español) activar o mecanismo de protección civil da Unión Europea, reaccionaron tarde mal e arrastras, reaccionaron cando a dimensión dos lumes xa non permitía atallalos. Mais, tamén nos pregúntanos, ulos medios de outras consellerías, ulos medios das deputacións, ulos medios dos concellos??? os profesionais que estamos nos montes, nos frontes dos lumes non os temos visto.

Moitos incendios que calcinaron/que están arrasando aldeas, granxas, explotacións agrícolas, montañas enteiras, ecosistemas de vital importancia non tiveron ningunha axuda, nas zonas máis afectadas salvouse algo do que os veciños e veciñas forón capaces de defender cos seus medios, avisados a toque de campana e por teléfono, medios moi limitados mais, se non veñen as brigadas, se non mandan autobombas, se non veñen os axentes ambientais, se non ven a UME…que facemos???…Fai só uns días que altos cargos da Xunta de Galicia e un presidente de deputación dixeron que tiñamos os mellores equipos de extinción do planeta 🫣
Desfeita ecolóxica, económica e social de incalculable valor e consecuencias a moi longo prazo. As competencias da política forestal, de medio ambiente, de prevención e extinción de incendios forestais están transferidos fai moitos anos ao goberno galego, polo tanto é a Xunta de Galicia a respondable do deseño e execución de todas estas políticas para a boa xestión dos montes, dos parques naturais, dos ecosistemas, do agro, da ganderia…Dado o desleixo e a manifesta incompetencia, vistos os feitos e o desastre, en vez de buscar solucións andan agora apurados na Xunta de Galicia co ventilador posto para enlamar/embulleirar e repartir culpas.
Asuman as súas responsabilidades, non o van facer, mais se lles queda un mínimo de dignidade hoxe mesmo uns cantos altos cargos da Xunta de Galicia deben por seu cargo a disposición de quen os nombrou.

Xosé Santos Otero
Traballador Forestal e vogal do Consello Forestal de Galicia (órgano colexiado que ten máis de 20 anos e a Xunta de Galicia nunca quixo que funcionara como o órgano consultivo que é)

Comparte éste artículo
No hay comentarios