Reorganizar o espazo público, a mobilidade e o mercado semanal é o obxectivo central desta convocatoria, dotada con 33.000 € en premios e a adxudicación do plan director, valorado en 50.000 €.
Tras a demanda expresada pola comunidade arquitectónica, o prazo inicial de presentación de propostas ampliouse a inicios do verán e permanecerá aberto ata o 23 de setembro ás 13.00 h (hora peninsular). Esta decisión do Concello da Pobra do Caramiñal responde á vontade de favorecer a máxima participación e garantir que os equipos dispoñan do tempo necesario para desenvolver propostas de calidade, á altura do desafío urbano que se formula.
Poñendo o foco na calidade do espazo público, a reorganización do mercado semanal e a ordenación da mobilidade, o ámbito de actuación deste concurso inclúe a zona portuaria, equipamentos públicos, espazos verdes e tramos da estrada AC-305.
O xurado estará integrado polos arquitectos Alfonso Salgado (Salgado e Liñares), Elizabeth Abalo (Abalo Alonso Arquitectos) e Marcial Rodríguez (RVR Arquitectos), así como por representantes do Concello da Pobra do Caramiñal e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia.
A convocatoria desenvólvese nunha única fase e baixo anonimato. Concederanse tres premios de 20.000 €, 8.000 € e 5.000 €, e a proposta gañadora asumirá a redacción do plan director mediante un contrato valorado en 50.000 €.
Convocatoria oficial do concurso
→ Plataforma de Contratación del Sector Público
Un espazo estratéxico para A Pobra do Caramiñal
O espazo de intervención concentra numerosos elementos clave: zonas portuarias, espazos verdes, equipamentos públicos, vivenda, tráfico de paso e o mercado semanal, que cada mércores transforma radicalmente o funcionamento da vila.
A partir da análise realizada, definíronse diversas estratexias que buscan aproveitar os potenciais identificados e abordar as deficiencias detectadas no ámbito do concurso. En termos xerais, o obxectivo é asegurar que o espazo sexa útil para a veciñanza, satisfacendo as necesidades básicas do lugar tanto nos díasnos que se celebra o mercado como nos que non, preservando en todo momento a identidade da contorna. Para iso, as propostas deberán atender ás seguintes estratexias:
Mobilidade
Ordenación do espazo público
Infraestrutura verde e azul
Enerxía e circularidade
Implicación de axentes
Fases
A actuación pretende establecer un marco de traballo que, alén de mellorar este ámbito concreto, permita desenvolver propostas aplicables noutros contextos