Os doce proxectos seleccionados participarán en 2026 nun programa de 50 horasformación e 25 mentoría totalmente personalizadas ao seu caso.
A Fundación Juana de Vega continúa, unha edición máis,colaborando coas persoas para “tecer o futuro da Galicia rural”, tal e como di o lema do Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias que o ano que vén cumprirá catorce edicións en activo sendo a única iniciativa destas características en Galicia. O prazo para candidatarseestará aberto ata o venres, 5 de decembro a través do formulario habilitado na web https://programadeapoyo.juanadevega.org. Aquí, os interesados poden atopar máis información sobre esta veterana iniciativa e as bases da convocatoria.
Desde 2012, a Fundación Juana de Vega mantén con fondos propios o Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias, acompañado neste tempo a uns 130 beneficiarios radicados portoda a comunidade. “O apoio aos emprendedores e empresas rurais é unha tarefa central para a Fundación Juana de Vega. Son axentes dinámicos da sociedade civil que crean riqueza. Eles aprenden aquí a consolidar e facer crecer os seus proxectos e nós aprendemos deles novas oportunidades de mellora do noso mundo rural”, ten manifestado Enrique Sáez Ponte, presidente da entidade.
No Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias poden participar iniciativas nos campos agroalimentario, tanto produción como transformación ou comercialización; proxectos do sectorforestal, bioeconomía, tamén marisqueiro e pesqueiro ou proxectos de base tecnolóxica e servizos que dean soporte aos anteriores. Todos teñen que estar localizados en Galicia e poñeren valor os recursos do territorio.
Dúas modalidades e un ano de acompañamento
Igual que en edicións anteriores, hai dúas modalidades. A primeira, denominada “Emprendemento” está orientada á creación de novas empresas, a sucesións ou á recuperación de negocios familiares. O obxectivo é acompañar aos emprendedores no desenvolvemento das súas ideas para convertelas en modelos factibles e viables, minimizando na maior medida posible os riscos derivados da súa posta en marcha, que sempre dependen de moitos factores externos e tamén internos.
A segunda modalidade, “Crecemento e consolidación”, está dirixida a empresas existentes. Pretende axudar a autónomos, pemes e micropemes a mellorar o funcionamento dos seus negocios prestándolle apoio en áreas que precisen un impulso. Entre outras accións, poderán focalizarse en aspectos como control da xestión, estudos económicos, organización corporativa, investigacións de mercado, plans de financiamento, comerciais, comunicación ou márketing, entre outros moitos.
A selección dos doce beneficiarios farase en xaneiro de 2026. Despois, ao longo do ano, irán cubrindo diferentes fases complementarias e escalables para completar, cada un, 50 horas de formación e 25 de titorías totalmente personalizadas e adaptadas ás súas necesidades.