“Os nosos lares” de Palavea inicia o proxecto “Térmn̥. Miradas dende a fronteira”

A Asociación veciñal “Os nosos lares” de Palavea da comezo este xoves 16 de outubro o inicio do proxecto “Térmn̥. Miradas dende a fronteira”. O proxecto é organizado pola entidade veciñal e nel colaboran activamente as entidades MobilCinema, Palestra, ASEDUC e De Maior Creactivamente que aportan dende os seus campos diferentes soportes e capacidades para o desenvolvemento do proxecto. O proxecto conta para a súa realización con apoio da Deputación da Coruña.

Despois de adicar este mes a traballos previos de investigación, traballo sobre o terreo e de organización inicial, adicarase os seguintes dous meses a levar a cabo un proxecto cultural e artístico que se ocupará sobre a reflexión sobre a territorialidade a través do concepto de límite ou termo municipal. Precisamente, o título do proxecto deriva da base protoindoeuropea para referirse ao concepto de límite, fronteira ou termo, e está presente na orixe deste concepto e da palabra en moitas linguas antigas. Un termo universal que define a idea do límite.

A reflexión sobre esta realidade partirá dende unha variedade de perspectivas e temas que se tratarán nas xornadas e que levarán a ocuparse dunha forma aberta e creativa polo grupo de traballo que se constitúa ao longo de desenvolvemento deste proxecto.

O proxecto, enmarcado nun interese por iniciar unha primeira reflexión pensando xa na conmemoración dos 50 anos dos inicios das primeiras iniciativas que deron lugar a constitución do movemento veciñal no barrio, que se celebrarán a partir de 2026, parte dunha vontade de reflexión ampla a nivel de cidade sobre un dos factores ou elementos determinantes na configuración urbana e a vivencia do espacio como é a ubicación neses espacios no límite da cidade.

Partirase desa premisa, para atender ao territorio dende o marco xeográfico e histórico definido por aspectos político-administrativos (termo municipal como espacio limitado para a administración pública), pero tamén reflexionarase dende aspectos culturais, medioambientais, sociais e humanos atendendo a como o individuo experimenta a realidade e concepto dese límite, é dicir, a vivencia e forma de vivir e habitar na fronteira dende múltiples miradas, comprendendo o límite como unha realidade híbrida, entre o definido e o abstracto, que configura a fronteira da cidade.

Comparte éste artículo
No hay comentarios