O PP propón unha comisión de investigación para analizar o accidente de San Froilán e adoptar medidas preventivas

O Grupo Popular solicitará no Pleno a creación dunha comisión de investigación para analizar o accidente acontecido durante o desfile de gando do San Froilán no que, lamentablemente, unha persoa perdeu a vida.

A concelleira popular Mar Carballas explicou que “a reacción do Goberno local foi un exemplo de falta de empatía. Primeiro minimizaron o acontecido, e ante un suceso tan grave, o único que fixeron foi dicir que o desfile contaba cun seguro propio, ademais do xenérico das festas. “Como se iso fose suficiente resposta institucional. Iso non é liderado nin responsabilidade, é unha forma fría e impropia de afrontar un feito tan tráxico e doloroso como o sucedido o pasado 5 de outubro», puntulizaba Carballas. 

A edil popular tamén criticou a falta de transparencia lembrando como:  o día 7 de outubro pedimos unha convocatoria da xunta de voceiros   “para coñecer as actuacións realizadas polo concello dende o momento do accidente e sobre a organización do evento”. Nese encontro, de forma verbal, se nos traslada que había protocolos de seguridade polo que solicitamos “acceso e copia deses documentos”; o prazo para ter esta información expirou o pasado 15 de outubro e, unha vez máis, se nos dá a calada por resposta.

O único documento que disponemos é o Plan de autoprotección para o San Froilán 2025 que se aprobou, fóra da orde do día, na xunta de goberno do día 1 outubro (tres días antes do inicio das festas). Neste PAU  non existe un protocolo específico do desfile de gando.

Todo o descrito con anterioridade revela unha nula planificación e unha preocupante improvisación por parte do executivo local. “Non se trata de buscar culpables, senón de exercer responsabilidade institucional e garantir que eventos multitudinarios como os do San Froilán conten con todas as medidas de seguridade, prevención e transparencia que merecen os lucenses”.

“O que pedimos é claro: coñecer o que pasou, aprender do sucedido e evitar que algo así se repita”, concluíu Carballas.

Comparte éste artículo
No hay comentarios