O Somozas quebra o maleficio da Madalena, vence ao Villalbés e sube ao segundo posto

O Somozas, con dúas puñaladas asestadas por Lucas Fanego e Aldán, cando remataba o primeiro tempo, derrotou ao Racing Villalbés na Madalena. O cadro de Stili soubo manexar a vantaxe no segundo tempo e suma a sexta xornada consecutiva sen perder, cinco delas con vitorias. O cadro chairego non perdía desde a primeira xornada, cando o Alondras vencera na Madalena polo mesmo resultado obtido polo Somozas.

O Somozas vólvese letal no remate do primeiro tempo

Aos seis minutos minutos chegou a primeira ocasión. Dopico, que se trasladara a posicións ofensivas, probou desde a frontal cun disparo que pasou a rentes do pau. Máis próximo ao gol estivo Lucas Fanego, cun xute desde a frontal que aínda se aproximou máis ao gol. Era o minuto doce.
O Racing apareceu na área unionista ao cuarto de hora. Logo de forzar o primeiro saque de esquina ao seu favor, gañou o remate e o primeiro rexeitamento defensivo a tiro de Make e Cadra, perto da área pequena, puido disparar cruzado, pero apareceu Sanmartín para meter o pé e impedir o gol.
Volveu ter ocasión o cadro local no segundo lanzamento desde o recanto. Herrero puxo o coiro no corazón de área e alí saltaron Cadra e Iván. O central rematou perto do pau polo lixeiro desvío do lateral, pero tamén foi quen saíu peor parado, tendo que retirarse do xogo visiblemente mareado.
Logo da substitución, e o subseguinte golpeo de Herrero, foi Da Lama, que acababa de entrar, quen na tentativa de remate golpeo coa testa na de Sanmartín, que temén quedou tendido, aínda que puido recuperarse.
O Somozas quebrou as táboas no minuto 40 por medio e Lucas Fanego. Baixou un centro de Aldán desde a dereita, orientou a saída na recepción e axustou o disparo para que Álex Santomé non chegara ao balón.
Al fío da prolongación, Pablo Trigo pediu penalti ao ser derrubado na área. Na mesma, que durou oito minutos, puido anotar nunha falta lateral que voou perto da trabe. Na seguinte xogada, Lucas Fanego, espectacular no primeiro tempo, apañou o coiro en tres cuartos, levuno até a liña de fondo levándose a López e Aldán, chegando só, recibiu o pase do ex do Viveiro para facer con comodidade o 0-2.
.
Segundo tempo accidentado, mata o ritmo de xogo

O segundo tempo comenzou de xeito diferente. O Villalbés colocara no campo a Gegunde para gañar presenza ofensiva sacrificando a Buyo. López pasou á esquerda. Aos catro minutos, Bruno roubou a Gegunde na parcela local, conduciu un tres contra dous, pero decidiu mal no pase a Aldán, que quedou sen ángulo e centrou moi pasado.
No minuto 53, logo dunha boa acción de López, Pablo Trigo, de costas á porta, cabeceou desviado. No 56, José Varela, desde a frontal, xutou a rentes do pau.
O encontro perdeu ritmo coas varias interrupcións do segundo tempo para atender a xogadores dos dous equipos, aínda que maioritariamente visitantes. En calquera caso, quen perdeu case cinco minutos na banda para recuperarse da dor nunha perna foi López, capitán local.
Co ritmo do partido condicionado, o Racing Villalbés non tivo moitas ocasións de apertar o marcador. Só no prolongamento, José Varela cabeceou perto do pau un saque desde o recanto.
O Somozas volveu ao segundo lugar case dous anos despois da última vez que o fixera, acaba co maleficio da Madalena, onde non gañaba desde a 2013/14 (o triunfo da pasada campaña fóra en Pol).

Ficha

DOMINGO 26/10/2025 (12,00) Campo: A MADALENA (500)
RACING C. VILLALBÉS : 0 – U.D. SOMOZAS : 2 (0‑2)
VIL : Álex Santomé; José Varela, López, Cadra (Da Lama 25’), Vérez (Gael 69’), Buyo (Gegunde D); Make, Javi Varela; Borja Míguez, Pablo Trigo, Herrero. Tre. Juan Rodríguez. (Banco: Yago Miguélez (g); Edu Reigosa; Hamza).
SOM : Iago Domínguez; Iván, Dopico, Joel, Asier; Aldán (Darek 89’), Sanmartín, Bruno (Óscar Varela 62’), Iñaki Leonardo; Lucas Fanego (Moisés 77’), Cambón (Jose 62’). Tre. Stili. (Banco: Adri (g); Cabarcos; Xuco).
Goles: 0-1 Lucas Fanego 40’; 0-2 Aldán 45’.
Árbitro: García Iglesias (Galiza-Santiago). Auxiliares: Méndez López e Vilas Lorenzo.
Disciplina: CA: Cambón 53’; López 53’ / Vérez (sus. VIL) 72’.
Foto: Cambón suxeitado por un defensa racinguista. (c) 21noticias,com

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios