A ‘Feira L’ consolida a Lugo como capital do sabor, co respaldo e eloxio do presidente Alfonso Rueda

Esta mañá, o presidente do Partido Popular de Galicia e titular da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor o potencial da gastronomía lucense e galega coa súa asistencia á quinta edición da Feira L de Lugo, un evento de referencia que se celebra no Pazo de Feiras e Congresos.

Rueda cualificou a cita como «fantástica», destacando a súa capacidade para reunir ao mellor da distribución, a hostalaría e a restauración nun mesmo espazo. Tras o seu percorrido pola feira e en declaracións realizadas durante a posterior pulpada organizada polo PP de Lugo, o presidente foi contundente ao afirmar: «Para comer, Lugo, sen ningunha dúbida», convertendo a cidade amurallada nun referente culinario.

Nas súas redes sociais, Rueda subliñou a importancia económica e promocional do sector. «Un pracer asistir hoxe á 5ª edición da Feira L de Lugo, un encontro que reúne o mellor da distribución, a hostalaría e a restauración. Un sector esencial que xera emprego, dinamiza a economía e promove o produto galego e a Galicia Calidade«, escribiu, enfatizando o papel estratéxico da feira na proxección da marca Galicia e o produto local de calidade. A súa presenza nesta cita enmárcase no compromiso do Goberno galego coa promoción do produto primario e a súa transformación, motores fundamentais para o rural e o tecido empresarial da provincia.»

Comparte éste artículo
No hay comentarios