Os senadores lucenses expoñen aos representantes de APE Galicia o decálogo de medidas do Partido Popular para os autónomos

Barreiro, Balseiro e Serrano reuníronse no Senado co presidente, José Ramón Caldas, e unha das vicepresidentas do colectivo, Silvia Crespo.

Os senadores do PP pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, expuxeron o decálogo de medidas propostas polo Partido Popular dirixidas aos autónomos aopresidente de APE Galicia, José Ramón Caldas, e unha das vicepresidentas, Silvia Crespo, nunha reunión no Senado.

Barreiro sinalou que “estas dez accións fundamentais, avanzadas polo presidente nacional Alberto Núñez Feijóo. pretenden resumir e dar unha idea do Plan Integral para Autónomos”.

O decálogo inclúe a exención do IVE para os que facturen menos de 85.000€, a aplicación da tarifa 0 para as persoas que se incorporan á actividade como autónomos, redución da burocracia (reducir as declaracións do IVE de 4 a 2 ou, incluso, a 1 ao ano), non pagar cotizacións por un ano polo primeiro empregado que se contrate, non pagar cotizacións polas baixas por enfermidade grave, facilitar o traballo despois da idade de xubilación, permitir que se poida compatibilizar o traballo autónomo co traballo por conta allea, eximir de cotas durante dous anos por maternidade e paternidade, equiparar os dereitos doutros traballadores nos casos de lactancia e clarificar e incrementar as deducións dos gastos.

Estas propostas supoñen “un compromiso claro e firme do Partido Popular e do seu presidente co colectivo de autónomos, fundamental para o mantemento do emprego e xeración de riqueza” que “porá en marcha cando goberne e, en todo caso, intentará sacar diante nas Cortes Xerais”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios