Xosé Luis Rivas Cruz, Mini, estará este sábado, na Casa-Museo Manuel María, con Catro nun zoco

A proposta musical do cuarteto combina canción de autor e temas tradicionais.

Xosé Luís Rivas Cruz, Mini, estará este sábado, 15 de novembro, ás 20 horas, na Casa-Museo, e faráo coa nova proposta musical en que participa Catro nun zoco

O cuarteto, nado en 2024, está conformado por Navia Rivas, Iria Rivas, Mariña Quintillán e o propio Mini e o seu repertorio combina canción de autor e temas tradicionais, pretendendo divulgar a canción de compromiso social e todo o relacionado coa cuestión identitaria galega. Música que fai sentir e pensar.

Mini, unha das grandes voces de Galiza, foi membro fundador de Fuxan os ventos e d’A Quenlla. Profesor, cantautor e musicólogo, continúa co seu traballo musical, agora, con Catro nun zoco, após a súa actividade política, nestes últimos anos, como deputado do BNG no parlamento galego.

Para asistir ao concerto de Catro nun zoco é necesario facer reserva (billete 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.

Comparte éste artículo
No hay comentarios