Os deputados do PP lucense cren que “este é o Goberno máis lesivo para os dereitos das mulleres” toda vez que “tamén ten facilitado a excarceración de agresores coa súa lei do solo si es si”.
Os deputados do PP pola provincia no Congreso -Cristina Abades, Francisco Conde e Jaime De Olano- esixen a dimisión da ministra de Igualdade, Ana Redondo, e explicacións claras por parte do Goberno de Sánchez ante un novo “e inadmisible” fallo do sistema das pulseiras antimaltrato que tamén afecta ás vítimas da provincia ao quedaren incomunicadas durante horas.
A pasada semana -11 de novembro-, o propio Ministerio de Igualdade recoñecía ese novo fallo nos dispositivos telemáticos de protección de las mulleres vítimas de violencia de xénero e violencia sexual; despois de terse rexistrado recentemente outro fallo crítico que, segundo a Fiscalía General del Estado, causou unha gran cantidade de sobresementos provisionais e sentenzas absolutorias por falta de datos probatorios, “un prexuízo directo para as vítimas”, segundo advirten os populares. De feito, a ministra de Igualdade xa foi reprobada polo Congreso no mes de setembro por este asunto.
“As pulseiras non só son un dispositivo electrónico, senón unha ferramenta para protexer ás vítimas dos seus agresores”, explican os representantes do PP lucense no Congreso que veñen de dirixir formalmente preguntas ao Goberno de España para coñecer como afectou este novo fallo ás usuarias da provincia de Lugo. Tamén esixen que o Goberno de Sánchez especifique se contactou con elas para comprobar se a súa seguridade estaba garantida e reparar o dano causada ás vítimas.
“Os fallos nas pulseiras están deixando desprotexidas ás mulleres e provocando a perda de confianza no sistema por parte das vítimas de violencia de xénero” e, polo tanto, “esiximos que a ministra asuma responsabilidades políticas”.
LEI SOLO SI ES SI
Os populares aseguran que “este continúa a ser o Goberno máis lesivo para os dereitos das mulleres”. De feito, Pedro Sánchez e o PSOE “serán recordados por facilitar -coa coñecida como lei do solo si es si– a excarceración de 6 condenados en Galicia e reducir a condena a outros 58 agresores pola neglixencia do Executivo de Sánchez”.
Ante esta situación, “tanto o PSOE coma o BNG se poñen do seu lado. Unha vez máis podemos comprobar como o BNG é moi bravo en Galicia, pero moi manso en Madrid”.