Lugo: Alexandre Penas anuncia que a tenencia de alcaldía adquirirá 7 novas marquesiñas

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas do concello de Lugo, Alexandre Penas, anunciou que o Goberno de Lugo está a traballar na adquisición de 7 novas marquesiñas para o bus urbano. Penas explicou que «continuamos a mellorar o servizo de transporte público, atendendo ás solicitudes que nos chegaron por parte da veciñanza reclamando novas marquesiñas en distintas zonas da cidade».

Penas destacou que «mes a mes estamos vendo como cada vez máis persoas optan polo bus urbano, e desde a Tenencia de Alcaldía seguimos a traballar para que usar este medio de transporte sexa cada vez máis cómodo para a veciñanza».

As novas marquesiñas ubicaranse nas paradas N-640, pista aserradeiro, dirección centro; Rúa Castelao, 53; Avenida Infanta Elena, rotonda dirección centro; Rúa Amizade, 1, esquina rúa Quiroga; Rúa Montero Ríos, fronte ao 83; Avenida de Magoi, 92, fronte ao Gadis e Avenida Fábrica da Luz, Pazo de Feiras.

«Seguimos traballando na ampliación do mobiliario urbano, escoitando sempre as solicitudes da veciñanza e buscando a mellora da imaxe da cidade», afirmou Alexandre Penas, que engadiu «avanzamos de cara a unha mobilidade máis ecolóxica na que a xente aposte polo transporte urbano no canto de usar o vehículo privado».

Comparte éste artículo
No hay comentarios