Convocada polas organizacións sindicais con presenza na Mesa Sectorial de Sanidade , contra as intencións da Consellería de Sanidade de afondar máis na destrucción da Atención Primaria co seu modelo de fragmentación do nivel básico e esencial da asistencia sanitaria, que conducirá a unha merma na atención á cidadanía. Ao mesmo tempo afonda na desigualdade entre o persoal facultativo ao promover a normalización e xeralización de dúas categorías de médic@ de atención primaria , o que redundará no incremento da conflictividade, a merma na asistencia sanitaria e a ausencia moitos días das e dos facultativ@s obrigadas a realizar gardas nos PAC a maiores da actividade laboral que teñen que desenvolver nos centros de saúde . A consellería pretende que este modelo, implantado durante a pandemia de xeito provional e que demostrou que non só é ineficaz, senón que agrava as graves eivas nas que está a derivar a Atención Primaria, quede de xeito definitivo . Do mesmo xeito manifestamos o noso rexeitamento á contratación sen a formación axeitada e polas vías habilitadas legalmente para acceder á especialidade de Medicina de familia e Comunitaria, poñendo en risco a saúde das persoas.
Desde este colectivo apoiamos a todas as persoas traballadoras de Atención Primaria e animámolas a que secunden esta folga para parar as pretensións da consellería de sanidade e do goberno da Xunta de atentar contra o corazón da asistencia sanitaria pública.