Parte do legado de Siro López xa forma parte do patrimonio cultural da Universidade da Coruña

Esta mañá celebrouse o acto de entrega do fondo bibliográfico, con preto de 1700 volumes sobre artes gráficas do humorista e ensaísta galego, á Facultade de Filoloxía da UDC.

A Biblioteca da Facultade de Filoloxía da UDC acolleu esta mañá o acto de entrega da doazón bibliográfica de Siro López á Universidade da Coruña, o cal contou coa participación do reitor da UDC, Ricardo Cao; o equipo directivo da facultade, e o propio artista, que estivo acompañado de compañeiros e amigos. 

Cao agradeceu ao humorista a súa xenerosidade en favor da institucióneducativa, que velará pola conservación destes fondos transformándoos nun recurso accesible para a comunidade académica. 

Este legado, consistente en preto de 1700 volumes sobre artes gráficas e unha colección hemerográfica, funciona como fonte de información sobre a evolución social e política de varios países a través do prisma do humor gráfico.Comprende desde publicacións esenciais españolas dos séculos XIX e XX (El Motín, La Codorniz, El Jueves) ata fondos dedicados a Galicia (El BarberoMunicipal, Chan), destacando a obra de Castelao, así como revistas de Portugal (Sempre Fixe) e Hispanoamérica (Caras y Caretas), facilitando o estudo comparado das culturas satíricas transnacionais. 

Fondos de gran calado para a investigación e os estudos culturais

O Consello de Goberno da UDC aprobara a doazón deste legado bibliográfico do humorista e ensaísta galego en xuño do ano 2024 e en Consello Social en xullo desde mesmo ano.

Agora xa forma parte da Biblioteca da Facultade de Filoloxía esta colección de publicacións que constitúen unha achega patrimonial e documental de gran calado para a investigación e os estudos culturais.

Comparte éste artículo
No hay comentarios