‘Disco comarcal’, un tema pop e bailable que lembra ao xénero disco do Studio 54, xa está dispoñible en todas as plataformas e conta cun videoclip dirixido por David Silva.
Familia Caamagno vén de publicar ‘Disco comarcal’, o segundo avance do seu novo álbum, un traballo discográfico homónimo que verá a luz a finais do mes de xaneiro. O tema, que xa se pode escoitar nas principais plataformas dixitais, é unha canción pop e bailable, con reminiscencias disco, que lembra ao xénero disco do Studio 54.
Este ‘Disco comarcal’ dá nome ao terceiro LP do mítico quinteto power pop de Sigüeiro, que no 2026 festexará 15 anos sobre os escenarios. O álbum pon o foco no papel social que xogaron as discotecas comarcais dos anos 80 e 90, abandoadas ou pechadas hoxe en día. Nunha delas rodouse precisamente o videoclip do sinxelo, dirixido por David Silva, e que xa se pode visualizar no Youtube da banda.
‘DISCO COMARCAL’ , DE FAMILIA CAAMAGNO
Descarga ‘Disco comarcal’ en .wav
Escoita ‘Disco comarcal’ nas plataformas: https://orcd.co/disco_comarcal
Videoclip de ‘Disco comarcal’: https://youtu.be/zbVh0QePX_M