O Encontro Mundial de Humorismo acollerá as estreas absolutas dos novos shows de Bárbara Grandío, Rober Bodegas e do dúo conformado por Miguel Lago e Roberto Vilar, ademais da gala multitudinaria ‘Chisteria Colectiva’; mentres que o cómico venezolano Nanutria estreará en España o seu novo espectáculo.
O Encontro Mundial de Humorismo (EMHU) dá a coñecer os primeiros nomes que formarán parte do cartel da súa sexta edición, que se celebrará na Coruña do 23 de abril ao 3 de maio. Álex Clavero, Bárbara Grandío, Carolina Iglesias, Daniele Finzi Pasca, David Cepo, Galder Varas, Eva Hache, Eva Soriano, JJ Vaquero, Luis Piedrahita, La Forte, Miguel Lago, Nanutria, Omayra Cazorla, Rober Bodegas, Roberto Vilar, Victoria Martín, Wilbur e Yunez Chaib, entre outras figuras, participarán no EMHU 2026. Os abonos e entradas para o evento sairán á venda este xoves, 18 de decembro, a partir das 12.00 horas na plataforma en liña Ataquilla.com e na web oficial www.emhu.es
A Coruña converterase na capital internacional da risa coa estrea absoluta de catro novas propostas, como son os novos shows de Bárbara Grandío (Contra todo pronóstico), Rober Bodegas (CASO) e do dúo Miguel Lago & Roberto Vilar (Pintando a mona xuntos) ademais da nova gala Chisteria Colectiva, unha homenaxe á xoia da coroa do humor: o chiste. Nela participarán Arantxa Treus, David Amor, Jazmín Abuín, Jesús El Negro, Miguel Miguel ou Xosé A. Touriñán, ademais de figuras como Álex Clavero, JJ Vaquero ou o propio director artístico do EMHU, Luis Piedrahita.
Ademais, a cidade herculina acollerá a estrea en España da proposta máis recente de stand up do venezolano Nanutria; e a premiere en Galicia do novo espectáculo do tándem Carolina Iglesias-Victoria Martín Estirando el chicle (El show de Mentira y Traición), de La Forte (Estoy como nunca) e de Omayra Cazorla (Disparate). Tamén será a estrea galega do monólogo Ícaro, do suízo Daniele Finzi Pasca (director e autor de Corteo, de Cirque du Soleil), peza que volve a España no marco da xira do 35o aniversario da súa estrea; e do último traballo que Yunez Chaib presentará En directo.
Tal e como é habitual, EMHU contará cos mellores espectáculos e acrobacias -físicas e humorísticas- do momento (como Corta el Cable Rojo ou Piensa en Wilbur) e, por suposto, coas figuras imprescindibles da comedia estatal, que non faltarán á súa cita coas galas de produción propia. Así, este ano Humoris Causa xuntará por primeira vez sobre un escenario a Álex Clavero, David Cepo, Galder Varas e Eva Soriano; mentres que o peche do evento chegará da man dun Fantastic Colofon no que estarán Eva Hache, JJ Vaquero e Luis Piedrahita. Este avance de programación da sexta edición do EMHU completarase co anuncio de máis espectáculos, actividades paralelas e outras iniciativas que encherán de sorrisos os teatros e as rúas da Coruña, de forma ininterrompida, durante 11 días.
Abonos e entradas á venda o xoves 18 ás 12.00 horas
O Encontro Mundial de Humorismo, que nesta nova edición conta co apoio de Concello da Coruña, Turismo da Coruña, Xunta de Galicia a través de Axencia Turismo de Galicia e Estrella Galicia, porá á venda os seus abonos (desde 53 euros) e entradas a partir das 12.00 horas deste xoves, 18 de decembro, tanto na plataforma de venda en liña ataquilla.com como na páxina web oficial www.emhu.es
Abono Bueno (53€ máis gastos de xestión):
Corta el cable rojo + Nanutria en A Coruña + Pintando a mona xuntos
Abono bueno bueno (72€ máis gastos de xestión):
Disparate + Contra todo pronóstico + Estoy como nunca + Estirando el chicle: El show de Mentira y Traición
Abono bueno, de lo bueno lo mejor (96€ máis gastos de xestión)
CASO + Humoris Causa + Chisteria Colectiva + Fantastic Colofon
Abono bueno, de lo bueno lo mejor, de lo mejor lo superior: (133€ máis gastos)
Corta el cable rojo + Pintando a mona xuntos + CASO + Chisteria Colectiva + Humoris Causa + Fantastic Colofon
Primeiro avance de programación do EMHU 2026
Xoves 23 de abril, Teatro Colón | 19.30 horas
Corta el cable rojo
Venres 24 de abril, Afundación | 19.00 horas
Disparate, de Omayra Cazorla (estrea en Galicia).
Sábado 25 de abril, Afundación | 18.00 horas
Contra todo pronóstico, de Bárbara Grandío (estrea absoluta). Sábado 25 de abril, Teatro Colón | 18.00h
Nanutria en A Coruña, de Nanutria (estrea en España). Domingo 26 de abril, Palacio de la Ópera | 18.30h
Estirando el chicle: el show de Mentira y Traición, de Carolina Iglesias e Victoria Martín (estrea en Galicia).
Domingo 26 de abril, Teatro Colón | 20.00 horas Pintando a mona xuntos, de Miguel Lago e Roberto Vilar (estrea absoluta). Mércores 29 de abril, Afundación | 19.00 horas
Yunez Chaib en directo, de Yunez Chaib (estrea en Galicia). Xoves 30 de abril, Afundación | 19.00 horas
Estoy como nunca, de La Forte (estrea en Galicia). Xoves 30 de abril, Teatro Colón | 21.00 horas
CASO, de Rober Bodegas (estrea absoluta). Venres 1 de maio, Palexco | 22.00 horas
Humoris Causa, con Álex Clavero, David Cepo, Eva Soriano e Galder Varas. Sábado 2 de maio, Teatro Colón | 12.00 horas
Piensa en Wilbur, de Wilbur.
Sábado 2 de maio, Teatro Colón | 19.00 horas
Ícaro, de Daniele Finzi Pasca (estrea en Galicia).
Sábado 2 de maio, Palexco | 22.00 horas
Chisteria Colectiva, con Álex Clavero, Arantxa Treus, David Amor, Jazmín Abuín, Jesús El Negro, JJ Vaquero, Luis Piedrahita, Miguel Miguel, Xosé A. Touriñán e outras figuras convidadas
(estrea absoluta).
Domingo 3 de maio, Teatro Colón | 20.00 horas
Fantastic Colofon, con Eva Hache, JJ Vaquero e Luis Piedrahita.