CCOO, sindicato maioritario no sector postal, fai un chamamento ás persoas en busca de emprego na provincia de Lugo para que non deixen pasar a oportunidade de inscribirse no novo Portal de Emprego de Correos. O prazo para formar parte desta ferramenta de contratación temporal finaliza o vindeiro luns, 12 de xaneiro.
Este portal, impulsado por CCOO a través da negociación colectiva, nace para axilizar a contratación en localidades e postos onde as bolsas de emprego oficiais non dispón de candidatos suficientes. «É unha oportunidade real para acceder á maior empresa pública do país de forma telemática e sinxela», sinalan desde o sindicato.
Puntos clave da convocatoria:
- Postos dispoñibles: Personal de repartición (cartería), atención ao cliente en oficinas e axentes de centros loxísticos.
- Carácter do emprego: Contratación temporal que serve como porta de entrada para futuros ingresos e consolidación de emprego.
- Transparencia: CCOO garantizou mecanismos de control para que os chamamentos sexan ordenados e transparentes, respectando sempre a prioridade das bolsas de emprego vixentes.
Dada a importancia deste proceso, a Sección Sindical de CCOO en Lugo habilitou un punto de atención específico para asesorar aos candidatos, resolver dúbidas técnicas sobre a inscrición e orientar sobre os pasos a seguir para consolidar unha carreira en Correos.
«Non é só un contrato temporal; é posicionarse de cara ás próximas ofertas de emprego público e as futuras bolsas oficiais», subliñan desde a organización sindical.