| A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) presentou alegacións contra o proxecto de planta de biometano promovido por NORBIOGÁS BIOMETANO I, S. L., en Curtis, declarado estratéxico pola Xunta. Este proxecto non está a ser avaliado no seu conxunto, senon que está a ser fragmentado artificiosamente para que a avaliación ambiental teña un menor impacto. Así, non se está a ter en conta que existe outra planta de biometano a 270m e unha de biomasa a 175m coas que comparte a rede de gas e saneamento. Trátase polo tanto dunha macro planta cuios impactos ambientais acumulativos deben ser tidos en conta conxuntamente. ADEGA advirte de que existe xurisprudencia do Tribunal Supremo e do TSXG que prohibe esta clara «fragmentación artificiosa». Incumprimento da lei de residuos As plantas de biometano como esta, producen enerxía a partir do metano existente en xurros ou puríns, pero segundo a Lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular os xurros ou puríns considéranse un subproducto, non un resíduos. O seu uso tradicional como fertilizante é unha práctica fundamental para acadar unha xestión circular da materia e a enerxía no sector gandeiro. A planta, polo tanto, non «valoriza residuos», senón que interrompe o seu ciclo ao desviar un subproduto útil para a terra cara a un proceso industrial incentivado economicamente. Ademáis, gran parte da industria gandeira, como por exemplo a que produce gando vacún, precisa deste fertilizante natural para ser rendible. Incertidume na procedencia dos puríns ADEGA quere resaltar que a planta non ten asegurada a procedencia do 50% da súa materia prima o que pon en entredito a viabilidade a longo prazo da planta. A asociación ecoloxista dubida, polo tanto, que o obxectivos desta planta sexa o de valorizar resíduos agrarios, que non son considerados como tal na lexislación. Entende, xa que logo, que a súa viabilidade económica parece depender case exclusivamente das axudas públicas para a construción e produción de biometano. ADEGA advirte: «Cando cesen estes incentivos, a planta só deixará o impacto ambiental, sen beneficio para a veciñanza». Riscos na seguridade e nas emisións da planta O estudo de avaliación ambiental presenta graves carencias. Por exemplo, non inclúe unha análise cuantitativa de riscos que avalíe as consecuencias dun posible accidente no núcleo de poboación de Maques de Arriba, situado a só 210 metros da planta, non contempla o efecto dominó entre as tres plantas próximas; ademais, os cheiros producidos por estas 3 plantas son cuantificados para cada planta por separado e non de forma acumulativa, o que subestima o impacto real; finalmente, tampouco se concreta o destino final do dixestato resultante, xa que non se especifica en que terreos se aplicará nin se avalía o risco de contaminación de acuíferos e ríos.Por todo esto ADEGA cre que o documento ambiental é insuficiente e o proxecto debe ser re-evaluado. |
ADEGA denuncia por ilegal a fragmentación da macroplanta de biometano en Curtis
No hay comentarios
No hay comentarios