Vimbio presentará este sábado en Santiago o seu novo disco

Tras lanzar o pasado mes Comeza o Xogo, o sea primeiro disco, a banda está xa inmersa na súa xira de presentación do mesmo.

A banda galega de Rap Metal, Vimbio, dá un dos primeiros pasos da súa xira Comeza o Xogo en Santiago de Compostela. A cita terá lugar este sábado 21 de febreiro na Casa das Crechas a partir das 21:00h. As entradas anticipadas están á venda dende 8€ + gastos de xestión en enterticket.es. Este concerto actúa como un dos primeiros puntos de partida dun tour que percorrerá Galicia tras o lanzamento do seu primeiro disco, que comparte nome coa xira. Este traballo é a carta de presentación dun grupo que, xogando con xéneros que van dende o Rap Metal ou Nu Metal ata o Punk ou Hardcore, advirten queveñen para dar de que falar.

XIRA “COMEZA O XOGO”

Co lanzamento do disco, Vimbio pon en marcha a súa xira homónima. Tras os seus primeiros concertos realizados o pasado ano, a banda encara o 2026 cunhas primeiras datas que terán lugar maioritariamente en salas galegas. Tras a festa de presentación do disco na sala JJ Copas (Ponteareas) e o punto de partida do tour no Pub Gatos (Melide), Vimbio segue avanzando as súas seguintes datas para o 21 de febreiro na Casa das Crechas (Santiago de Compostela), o 14 de marzo no Centro Social Artàbria (Ferrol), o 18 de abril na sala Kominsky (Vigo), o 2 de maio na sala Mardi Gras (A Coruña) e, por último, o 4 de xullo no festival Muíños da Costeira (O Porriño). Estas serán as primeiras datas nas que a banda presentará en vivo o seu primeiro disco. As entradas para estes primeiros cinco concertos están xa á venda en enterticket.es.

PRÓXIMAS DATAS

21/02 · Casa das Crechas · Santiago | ENTRADAS

14/03 · Centro Social Artabria · Ferrol | ENTRADAS

18/04 · Sala Kominksy · Vigo | ENTRADAS

02/05 · Sala Mardi Gras · A Coruña | ENTRADAS

04/07 · Muíños da Costeira · O Porriño

MÁIS SOBRE VIMBIO

Vimbio é a nova cara da escena metal. Comandados por Álex Arnoso, coñecido polo seu protagonismo en SonDaRúa, o grupo xorde para conxugar o rap coa esencia do metal da década dos 90 e do 00. Baixo un gran eclecticismo musical, o grupo propón letras e ritmos moi contundentes, combinando os flows tan característicos de Álex coa potencia dunha banda composta por grandes veteranos da escena metal galega. Vimbio nace para reflotar e rexuvenecer  xéneros que viviron o seu mellor momento nos anos 2000, aportando un aire renovador e diferenciador que busca volver a poñer no foco estes estilos de música. Co recente lanzamento do seu primeiro disco, Comeza o Xogo, o grupo pon enriba da mesa a súa carta de presentación, co claro obxectivo de facer deste un ano no que brillen as guitarras e os flows contundentes.

Vimbio é o aire fresco que precisaba a escena metal. Cun potente directo no que o grupo mestura os dous grandes xéneros que o caracterizan, o rap e o metal, Vimbio levará a súa contundencia e diversión por salas e festivais neste 2026.

Sábado, 21 de febreiro – SANTIAGO DE COMPOSTELA – A Casa das Crechas

Apertura de portas: 20:30h.

Prezo: 8€ +gx anticipada / 14€ taquilla

Venda online: https://www.enterticket.es/eventos/vimbio-melide-pub-gatos-sabado-7-febreiro-429060

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios