O Centro Asociado da UNED en Lugo abre o período de matrícula do programa UNED Sénior, unha proposta formativa orientada á aprendizaxe ao longo da vida e ao enriquecemento cultural das persoas adultas, nun ambiente universitario aberto, participativo e sen requisitos académicos previos.
O prazo permanecerá aberto do 19 de febreiro ao 19 de marzo de 2026, aínda que as clases comezarán na semana do 23 ao 27 de febreiro, polo que o alumnado poderá incorporarse progresivamente durante as primeiras sesións.
A programación deste semestre inclúe:
- Inglés básico — mércores de 11:00 a 13:00 ou venres de 11:00 a 13:00
- Inglés intermedio — martes de 11:00 a 13:00
- Comezamos a coñecer a historia da arte — xoves de 11:00 a 13:00
As sesións están deseñadas cun enfoque práctico e participativo, favorecendo a interacción e o ritmo adaptado ao alumnado sénior, promovendo ao mesmo tempo a socialización e o benestar intelectual.
A matrícula poderá formalizarse presencialmente no Centro Asociado da UNED en Lugo ou a través da web:
O prezo é de 50 € por materia e cada asignatura conta cun máximo de 20 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición.