A Unión Comarcal de CCOO de Lugo convoca unha concentración este venres, día 6, ás 11 horas ante o Concello. O obxectivo é denunciar a fenda entre o discurso institucional do goberno municipal e a realidade laboral das súas traballadoras.
O Concello acumula sancións da Inspección de traballo nas seguintes materias:
Falta de Plan de Igualdade e precariedade:
Consideramos inaceptable que, mentres se multiplican os xestos polo 8M, o Concello careza dun Plan de Igualdade
Vulneración en servizos críticos:
O Concello recibiu unha segunda sanción pola xestión dos horarios do persoal que atende a mulleres vítimas de violencia machista.
«Non se pode falar de protección ás vítimas se se vulneran os dereitos de quen as atenden. Se non se coida a quen coida, todo o demais é propaganda, e incoherencia institucional e política
Dende o sindicato sinalamos a gravidade de manter na Deputación de Lugo a unha persoa investigada pola Fiscalía por presunto acoso sexual.
Para CCOO, os principios non poden depender das matemáticas do poder nin de actividades simbólicas que non afrontan os problemas estruturais.
«Non nos imos calar»
Fronte ás afirmacións do alcalde de que “o feminismo comeza nas institucións”, preguntámonos que clase de feminismo é o que incumpre a lexislación laboral básica.
«Que o alcalde non nos pida estar caladas. Igual que non se pode mandar calar a unha concelleira no pleno —como aconteceu con María Reigosa ao denunciar insultos—, tampouco se pode silenciar a crítica sindical. A igualdade tamén pasa por escoitar ás mulleres cando denuncian faltas de respecto».
A igualdade non é unha foto institucional; é cumprir a lei, negociar e actuar con coherencia.