A iniciativa do grupo Advanced Biofab, adscrito ao CICA, obtivo unha financiación superior aos 400.000 euros na convocatoria IGNICIA/Proba de Concepto.
O proxecto “ORALREGENERIX – Rexeneración na-clínica de tecido oral mediante o uso dun sistema dun biopen portátil”, impulsado desde o Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña, vén de obter unha financiación superior aos 400.000 euros a través do programa IGNICIA Proba de Concepto, promovido pola Axencia Galega de Innovación (GAIN).
Esta iniciativa, liderada desde o grupo Advanced Biofab, busca crear una spin-off tecnolóxica dedicada ao desenvolvemento de solucións innovadoras para a rexeneración de tecidos orais. O seu obxectivo principal é ofrecer novas alternativas terapéuticas que permitan reparar de forma máis eficaz os danos en enxiva e óso causados por enfermidades, traumatismos ou intervencións cirúrxicas.
A través de tecnoloxías avanzadas de medicina rexenerativa, o proxecto aspira a mellorar a recuperación e a calidade de vida dos pacientes. Ademais, pretende impulsar a transferencia de coñecemento desde a investigación cara a práctica clínica, xerando innovación e emprego cualificado no sector biomédico.
A axuda de IGNICIA permitirá avaliar e desenvolver a vía de comercialización dun biopen portátil que servirá para a rexeneración de tecidos bucais, aspirando a liderar unha nova xeración de terapias rexenerativas en odontoloxía.
Os investigadores Daniel Nieto e Nadina Usseglio do grupo Advanced Biofabdo centro, responsables do proxecto, presentaron onte en Santiago as principais liñas de traballo e obxectivos desta iniciativa, no marco de presentación dos IGNICIA Proba de Concepto 2025, nas que se deron a coñecer as nove iniciativas seleccionadas nesta convocatoria orientada a impulsar a transferencia de coñecemento cara ao mercado.
Investigación punteira na biofabricación avanzada
O investigador Oportunius Daniel Nieto incorporouse ao Centro Interdisciplinarde Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña na primavera de 2024, onde puxo en marcha o grupo Advanced Biofab. Desde entón, o equipo desenvolve varias liñas de investigación punteiras no ámbito da biofabricacióne da bioimpresión, que abarcan desde a biofabricación avanzada para sistemas de enxeñaría vivos ata a biofabricación aplicada á enxeñaría de órganos e tecidos. Esta última liña otorgoulle a prestixiosa axuda Consolidator Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC).
Entre os seus traballos destaca tamén o desenvolvemento de tecnoloxías baseadas en HOTB (Holographic Optical Tweezers Bioprinting), unha aproximación de bioimpresión óptica holográfica mediante pinzas ópticas que permite manipular e organizar células con gran precisión para a creación de estruturas biolóxicas complexas.
A obtención do proxecto IGNICIA supón un importante impulso para continuar avanzando cara a solucións sanitarias con impacto real. O CICA reforza así oseu papel como centro interdisciplinario que afronta retos globais en saúde, alimentación, novos materiais e medio ambiente baixo o principio One Health, que conecta saúde humana, animal e ecosistémica.