O Celta Fortuna perde opcións de ascenso directo por un gol do Tenerife no prolongamento

O Celta Fortuna rozou a vitoria contra o Tenerife logo de verse por diante cun gol de Anxo ao comezo do segundo. O tanto foi igualado polo conxunto insular con outro de Jesús no prolongamento. O cadro galego, que o pasou mal no primeiro cuarto de xogo cometendo dous posibles penaltis que o colexiado non contemplou, mellorou tras o descanso coas substitucións de Fredy.

O Tenerife reclama un penalti e non o fai noutro máis claro

O Celta Fortuna quixo entrar como equipo dominante no partido contra el líder, Tenerife. Sen embargo, o conxunto insular non se deixou dominar, acabou provocando imprecisións nos pases celestes e buscou a profundidade con desmarques desde os tres cuartos.
Aos tres minutos, unha entrada na área de Ribes a Nacho Gil levou a Álvaro Cervera a gastar o primeiro cartón azul. O árbitro non entendeu que houbera penalti. Antes do cuarto de hora, unha colada pola liña de fondo do ex deportivista Noel acabou en pase para Nacho Gil. Meixús meteu o pé para evitar o recorrido á porta do disparo deste.
O Tenerife non se atreveu a pedir un novo penalti nun roubo de Nacho Gil a Meixús na área local. O central non reparou na perda e golpeou o calcañar do visitante cando quería continuar co control, pero o colexiado non o mirou.
O Celta Fortuna equilibrou a posesión no segundo cuarto do xogo e, malia que non asinou tiro algún que incomodara a Dani, evitou aquel acoso intermitente do Tenerife até o descanso.
Os canarios erraran na estratexia da reclamación. Sacaron o cartón azul para un derrubo aos tres minutos, e non se atreveron a gastar o segundo minutos despois, nun penalti máis claro que non vira o colexiado.

Goles ao comezo e ao final

O segundo tempo foi diferente logo que Fredy fixera dúas modificación ao once inicial. Arcos e Miller entraron en acción.. Aos tres minutos, Anxo saltou todas as liñas, achegouse á frontal, saíu do último drible ante o ex céltico Fabrício, preparou o disparo desde a media lúa e evitou o cruce de Landázuri para bater por baixo a Dani.
Álvaro Cervera non demorou dez minutos en reemprazar ao inoperante Alassan por Balde. A resposta de Fredy foi acrecentar o carácter defensivo ao equipo coa entrada de Joel por Somuah. O reloxo xa superara a hora de xogo.
O Celta Fortuna estaba acertado arriscando coa liña de zagueiros. Iso, ou a ansiedade do Tenerife, que caeu en dous foras de xogo case seguidos porque Balde e Enric apuraron demais no desmarque de ruptura, aumentaron a súa fortaleza.
No minuto 67, un mal pase de saída de Carrillo puido custarlle caro. Nacho Gil apoiou o roubo e cruzou perto da escuadra. O golpeo saíulle caro porque debeu ser reemprazado por un problema muscular na perna. O Tenerife aproveitou tamén para eliminar do xogo a Enric en substitución de Vallés.
Parecía que o Celta Fortuna tiña controlado o encontro, pero no minuto 93, Vallés viu o desmarque de Montes pola esquerda, serviulle na área para que centrara ao borde da chica e Jesús, que fóra a última esperanza ofensiva de Cervera des minutos antes,, superou a Carrillo con algo de sorte.
O partido durou até os cen minutos, pero o marcador non se movería. Os fortunistas perderon a ocasión de rebaixar a fenda de dez puntos que os afastan do cadro canario na loita polo ascenso directo, que agora son once porque os chicharreros tamén son donos do goal average particular.

Ficha

VENRES 13/03/2026 (21,15) Campo: BALAÍDOS (1.714)
R.C. CELTA FORTUNA : 1 – C.D. TENERIFE : 1 (0‑0)

CEL : Carrillo; Anxo, Meixús, Ribes (Miller D); Gavián, Capdevila, Antañón, Oliveras (Arcos D); Hugo González (Jorge 81’), Somuah (Joel 63’), Marcos (Luis Bilbao 88’). Tre. Fredy. (Banco: Barone (g); Marcos González (g); Noya; Jaime Vázquez; Prado; Carro).
TEN : Dani; César, Landázuri, León, David (Jesús 83’); Alassan (Balde 56’), Fabrício, Juanjo, Nacho Gil, (Dani Fernández 68’) Noel (Montes 83’); Enric (Vallés 68’). Tre. Álvaro Cervera. (Banco: De Vuyst (g); Antal Yaakobishvili; Ulloa; Maikel).
Goles: 1-0 Anxo 48’; 1-1 Jesús 90’.
Árbitro: Velasco Arbaiza (País Vasco). Auxiliares: Conde Pérez e De Ponga Díez. 4º árb.: Lago Barreiro.
Disciplina: CA: David 23’; Marcos 71’; Carrillo 82’; Landázuri 82’; Antañón 89’.

Comparte éste artículo
No hay comentarios