Antonio Lois desprázase a Lugo para presentar o seu último poemario, o sábado 28 ás 19:00 horas no Vello Cárcere.
O poeta, residente en Barcelona e nado no Castro de Mourelos, no Saviñao, cunha interesante traxectoria ás costas, forxada con publicacións en revistas literarias e libros colectivos, dá ao prelo unha nova obra que xira arredor da temática que o levou á escrita, a cultura labrega na que naceu e que reivindica sen idealismos e cunha mirada aberta ao mundo, característica do viaxeiro impenitente.
En “Lembranzas e sentimentos de quen soñou ser poeta” o pasado está vivo, cercano e distante a un tempo, asumido e valorado como parte fundamental da construción persoal. O rural, a interiorización da paisaxe, a emigración e o intimismo dan forma a unha mensaxe poética de esperanza, centrada na vida e no propio ser humano como valioso patrimonio inmaterial
Anxo Boán, José Estévez e Manuel Vázquez acompañarán ao autor