O Talentiño 2026 reforza o apoio ás academias da provincia e outorgará un agasallo especial a promoción da lingua galega

O certame xuvenil O Talentiño 2026 continúa a súa consolidación como unha das principais plataformas de promoción do talento novo en Galicia, abrindo nesta edición a súa participación a mozos e mozas de toda a provincia da Coruña.

Descubre más noticias musicales cómo ésta

A organización manterá os premios de 300 euros para as persoas gañadoras de cada categoría, aos que se suman novas iniciativas destinadas a enriquecer a experiencia das persoas participantes e a reforzar o tecido cultural e formativo da provincia.

Nesta edición:

  • As persoas participantes e gañadoras poderán actuar no programa “Quen anda aí” da TVG ampliando a súa visibilidade artística.
  • Todos os finalistas recibirán entradas para un parque multiaventura, como recoñecemento ao seu esforzo e participación.
  • As persoas participantes poderán formar parte do catálogo de O Talentiño, unha ferramenta de promoción na que nesta edición se procurará dar especial visibilidade ás academias da provincia participantes, destacando o seu labor na formación artística da mocidade.

Ademais, e en liña co compromiso do certame coa lingua e a cultura propias, establecerase un agasallo especial que se concederá entre todas aquelas actuacións que empreguen a lingua galega ou contribúan á promoción da cultura de Galicia.

Con estas medidas, O Talentiño 2026 reafirma o seu papel como espazo de impulso á creatividade xuvenil, ao tempo que promove activamente o uso e a difusión da lingua galega e recoñece o papel fundamental das academias na formación do talento emerxente.

Última semana de inscricións abertas 

Nesta cuarta edición, O Talentiño amplía o seu alcance e abre a participación a mozos e mozas de entre 8 e 18 anos (ambas idades incluídas) de toda a provincia da Coruña. O certame conta co respaldo do Concello de Ferrol e coa colaboración do Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña. Os participantes poderán competir en cinco categorías: vocalistas, instrumentistas, danza lírica, danza urbana e variedades (maxia, monólogos ou artes escénicas, entre outras). A participación poderá ser individual ou en grupo, ampliándose nesta edición ata 25 integrantes por formación.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata este sábado 28 de marzo a través da páxina web oficial do festival https://2026.otalentino.es.

Comparte éste artículo
No hay comentarios