A mobilización co lema «O tren pasa, o tren para«, convocada pola Plataforma Dereito ao Tren ante a Subdelegación do Goberno en Ourense onte mércores 25 de marzo tivo unha
boa resposta da veciñanza das comarcas afectadas e de Ourense. Esta concentración reafirmou o compromiso coa defensa dun tren útil.
Chegamos neste momento tras valorarmos os avances en paradas AVE, pero insistindo en que aínda faltan horarios útiles e medidas definitivas. Uns horarios que permitan estar durante unha xornada laboral e lectiva no destino. Cada día pasan 22 trens pola Gudiña e só 6 paran, e onte reiteramos a demanda de horarios adaptados á vida cotiá, Obriga de Servizo Público e abonos xustos para igualdade co resto do Estado. A concentración foi de unidade, destacando que o tren é clave para frear a despoboación rural.
A Plataforma Dereito ao Tren mantén a mobilización activa, pois os avances recentes demostran que a presión social funciona e só así se conseguirán horarios estables e útiles. Chamamos á cidadanía e entidades a seguir apoiando esta loita por un tren útil que conecte o noso territorio.
Se o tren non para en igualdade, nós non paramos! A Plataforma seguirá mobilizandose ata conseguir un servizo público útil.