Na súa constitución a Academia contou co apoio de 160 entidades nacionais e internacionais e o seu Pleno está constituído por 45 integrantes, do que forma parte Vicente Gambau i Pinasa, profesor da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da UDC e actual presidente do Consello COLEF.
Vicente Gambau i Pinasa (Parets del Vallès, 1962) é licenciado en Educación Física polo INEFC Lleida, doutor en Educación Física pola UDC e experto universitario en Dirección Integrada de Proxectos. É profesor titular de Ciencias do Deporte e Educación Física da UDC, onde imparte docencia desde 1994 en materias como Dirección e Xestión Deportiva, Márketing Deportivo e Dirección de Proxectos Deportivos.
Foi presidente do COLEF Galicia (2008–2012) e desde 2012 exerce como presidente do Consello Xeral de Colexios Profesionais da Educación Física e do Deporte. Forma parte da Xunta directiva do COLEF Galicia desde 2002 e participou como experto na comisión do CSD para o regulamento das profesión do deporte.
No ámbito investigador, é membro do Grupo INCIDE (UDC) e ten sido responsable do Observatorio de Xestión e Márketing do Deporte de Galicia (DOGMA). O seu traballo céntrase na xestión deportiva, a calidade dos servizosde práctica deportiva, o márketing de servizos, a planificación estratéxica, a dirección de entidades deportivas e, nos últimos anos, no desenvolvemento profesional e o emprego no ámbito deportivo.