Inauguración da Exposición “Sempre en Galiza”

Polo profesor Xosé Henrique Monteagudo Romero, presidente da RAG, na Escola Politécnica Superior de Enxeñería. Lugo 

O vindeiro 8 de abril, mércores, ás 7 da tarde, no Salón de actos da Escola Politécnica Superior de Lugo,  terá lugar a inauguración da exposición  “Sempre en Galiza”.

Esta exposición, producida para a Deputación Provincial de Lugo por Merlín Comunicación e a editorial Galaxia, está comisariada polo Profesor D. Xosé Henrique Monteagudo Romero, actual presidente da Real Academia Galega.

A mostra ten como fio conductor a obra “Sempre en Galiza”, de Castelao e estrutúrase en oito paneis expositivos artellados en 4 apartados:

1.- Castelao de “Sempre en Galiza” ao Consello de Galiza. 1934-1944.

2.- “Sempre en Galiza”. Adro e libro I. 1934-1938.

3.- Nova York. Buenos Aires. 1939-1944.

4.- Buenos Aires. París. Consello de Galiza. Ministro do Goberno no exilio. 1944-1948.

A mostra lémbranos a un Daniel Alfonso Rodríguez Castelao, consciente do seu país e dos tempos que lle tocou vivir… e, 75 anos despois da súa morte, achéganos unhas ensinanzas de proveito para os tempos de hoxe.

         Para a inauguración da exposición, contaremos coa presencia do Profesor D. Xosé Henrique Monteagudo Romero, actual presidente da Real Academia Galega. Recoñecido estudoso da figura e da obra de Daniel Castelao.

A  Asociación “Estudantado do Cuarto Ciclo do Campus de Lugo” fai un convite á cidadanía lucense a participar na exposición

“Sempre en Galiza”

Exposición que se inaugura o 8 de abril de 2026 e que permanecerá ata o remate do més na Escola Politécnica Superior de Enxeñería de  Lugo.

Comparte éste artículo
No hay comentarios