Raúl Romero e Serena Díaz (14, 12 anos, Cee), proclamáronse subcampions de España de Bailes Standard na categoria Junior 2 (14 e 15 anos).
Os bailes Standard son unha especialidade moi difícil do Baile Deportivo, que inclúe 5 bailes (Vals Lento, Tango, Vals Vienés, Slow Fox e Quick Step), e a parella do Clube Arte e Movemento logrou novamento o subcampionato.
Xa foron subcampións de España en Xuvenil 1 (10 e 11 anos), o ano pasado foron subcampións de España en Junior 1 (12 e 13 anos), e neste 2026 logran de novo o subcampionato no seu primeiro ano de Junior 2.
Esta xoven parella, supera tódalas espectativas e obxetivos que se marcan nas tres especialidades que practican, tendo un palmarés increíble a pesar da súa curta idade. Formaron parella en 2019, participando no seu primeiro Campionato de España en 2021.

Esto lógrase só con moita disciplina e traballo, ademáis do talento necesario. Así, mentres moitos dos nenos da sua idade disfrutaban do descanso de Semana Santa, tan merecido despois dos exámentes do segundo trimestre, eles compatibilizaban de 4 a 5 horas de entreno diario co estudo, e despois pasaron a Semana Santa entrenando en Cee e en Cambrils antes do Campionato Nacional.
Ademáis, participaron nunha proba de Ranking mundial da WDSF (World Dance Sport Federation), na que lograron o bronce, sendo a parella española mellor clasificada, o cal supón todo un logro internacional para eles.
A competición puido seguirse por streaming, ó que estaban atentos todos os seus compañeiros e seguidores.
Importante tamen o papel de Andrés e Laura (23 e 20 anos), de Camariñas e Cee, que participaron no campionato de España Standard na Categoria Absoluta, na que acadaron un posto 11, sendo a primeira vez que participaban neste Campionato.
Así mesmo o pasado domingo 12 de abril, celebrouse o correspondente Campionato Galego de Bailes Standard, no que Raúl e Serena lograron o título galego un ano máis.
O clube logrou as seguintes medallas no mesmo campionato.
– Raúl e Serena: Campións Galegos Standard Parella Junior 2
– Alba Mourelle (18 anos, Zas): Campiona Galega Solo Standard Adulto
– Ashley Sánchez (17 anos, Cee): Campiona Galega solo Standard Youth
– Paula García (13 anos, Cee): Campiona Galega solo Standard Junior 1
– Andrés e Laura (23 e 20 anos Camariñas, Cee): Subcampións Galegos Standard parellas Adulto
– Naiara Carreira (18 anos, Cee): Subcampiona Galega Solo Standard Adulto
– Emma González (11 anos, Cee): Bronce Campionato Galego Solo Standard Junior 1.