A iniciativa turística Guido Guía anuncia a reanudación dos seus paseos guiados pola provincia de Lugo cunha nova proposta que terá lugar o vindeiro sábado 25 de abril (de 11h a 13h) baixo o título “Descubrindo Alfoz do Castrodouro”.
A actividade supón o regreso a unha zona cunha gran historia e que recentemente estreou o topónimo Alfoz do Castrodouro, reforzando así a súa identidade territorial e cultural. A resposta do público foi moi positiva desde o primeiro momento, con arredor de 20 persoas xa inscritas a través da comunidade de WhatsApp de Guido Guía.
Este paseo guiado ofrece unha oportunidade única para coñecer o patrimonio, a historia e a paisaxe deste enclave lucense da man dun proxecto que aposta pola divulgación cultural e o turismo de proximidade.
O prezo da actividade é de 10 euros por persoa, cun desconto do 50% para menores de 18 anos, mentres que os nenos e nenas de 0 a 2 anos poden participar de balde.
As persoas interesadas en participar aínda están a tempo de formalizar a súa inscrición a través do correo electrónico guidoguiaturismo@gmail.com