O PP esixe á Deputación de Lugo cumprir coas súas competencias en materia de emerxencias establecidas por lei e referendadas por unha sentenza xudicial

O portavoz popular, Antonio Ameijide, asegura que “o goberno de PSOE e BNG levan anos negando as súas competencias en materia de emerxencias”; pero “agora non teñen escapatoria” toda vez que un xulgado lles recordou o que di a lei: que as Deputacións Provinciaisdeben garantir a prestación do servizo en Concellos de menos de 20.000 habitantes.

O Grupo Provincial Popular esixe á Deputación de Lugo “cumprir coas súas competencias en materia de emerxencias” tal e como recolle a lei e como lle recorda unha sentenza xudicial recente que avala a non continuidade co convenio para o funcionamento do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo se a Deputación de Lugo non aportaba máis persoal para o seu funcionamento ao entender que a institución provincial é a que ten a competencia.

Á vista de que dende o Partido Popular temos advertido en numerosas ocasións da necesidade de garantir a cobertura deste servizo atendendo ás súas competencias e de que o goberno provincial se teña negado; os deputados provinciais instarán no vindeiro Pleno ao goberno provincial da Deputación de Lugo a impulsar a recuperación dos GES nas zonas que non dispoñen de cobertura e reforzar o persoal e mellorar as instalacións e medios dos parques comarcais do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento.

O popular lamenta que tratándose dun servizo de vital importancia, “tivera que ser un Xulgado o que lles recorde ao goberno de PSOE e BNG as súas competencias en materia de emerxencias que levan anos negando a pesar das advertencias do Partido Popular. Pero agora non teñen escapatoria” toda vez que “un xulgado lles recordou o que di a lei: que as Deputacións Provinciais deben garantir a prestación do servizo en Concellos de menos de 20.000 habitantes”.

Antonio Ameijide explica que “os veciños de Cervo coñecen ben a situación de desamparo por parte da Deputación”. De feito, a alcaldesa ten solicitado ao goberno provincial ser recibida polo goberno provincial e ampliar efectivos para garantir a prestación do servizo do GES de Cervo en condicións de seguridade. Pero, PSOE e BNG déronlle as costas durante anos. Incluso nin responderon a ningunha das comunicacións. Todo isto provocou a non continuación da prestación do servizo no municipio, unha decisión avalada polo Xulgado que recoñece que é unha competencia provincial non atendida”.

O portavoz provincial subliña que “o goberno provincial de PSOE e BNG non fixo nada en todos estes anos por atender as emerxencias na provincia”. E incide en que “a Xunta de Galicia está colaborando en máis do 50% e financiando á metade o Consorcio Provincial de Bombeiros”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios