A Federación Ciclismo Galego convoca á comunidade ciclista nun acto de apoio a Samuel González

Con motivo das probas que se celebrarán esta fin de semana a Federación Ciclismo Galego convoca a toda a comunidade ciclista a un acto colectivo de apoio e unidade.

Queremos trasladar o noso alento e desexo de recuperación para Samuel, así como o noso afecto e acompañamento á súa familia nestes momentos tan duros. O ciclismo galego é unha familia, e cando un dos nosos sofre, sufrimos todos.

Esta fin de semana queremos lembrar que isto non vai de licenzas, nin de cores, nin de equipos, nin de ideas.

Isto vai de persoas.

De convivencia.

De respecto.

De protexer a quen usa a bicicleta cada día.

Por iso, convidamos a todas as persoas usuarias da bicicleta, federadas ou non, deportistas, acompañantes e público en xeral, a sumarse a este xesto común nos eventos ciclistas que se celebrarán na nosa comunidade:

III XCO Samieira

XXXVIII Promoción de Ciclismo de Boiro 

Ourense Strade Termal

Transgalaica Friol 

DH Molinos O Páramo

Ao inicio de cada proba realizaremos un minuto de aplausos, un símbolo de vida, forza e apoio compartido. Un xesto para Samuel, para a súa familia e para reivindicar máis seguridade para o colectivo ciclista nas estradas de Galicia.

O deporte únese. A seguridade protéxenos. A comunidade sostennos.

Comparte éste artículo
No hay comentarios