O equipo de Terceira Autonómica xa está clasificado para a Fase de Ascenso.
Rematou a liga de Terceira FEB (antiga liga EBA) para o Ineltrón Santo Domingo Betanzos, fíxoo tamén a liga cadete de 1a División para o J.Caamaño Arquitecto, en ambos os dous casos cun meritorio sétimo posto, pero a actividade do club betanceiro non para. Proba diso é o enfrontamento que medirá os “vellos rockeiros” de La Goleta fronte ao Club Baloncesto Terra Cha, o domingo ás 19h en Elviña, no partido que determinará o campión da liga Coruña-Ferrol-Lugo, unha cita que, suceda o que suceda, dá un novo pase dos máis veteranos do club a unha fase de ascenso a Segunda División. Os betanceiros chegan a esta final logo de non perder en toda a temporada e os lucenses só deixaron unha vitoria polo camiño, polo que, se as cousas seguen o guión, se espera un encontro ben disputado.
Nova cita para os Baby, os máis pequenos do club
Polo demais, unha das citas estrela da xornada da fin de semana do 25-26 de abril vai ser a concentración na que participará o equipo Baby do Santo. A xuntanza terá lugar na veciña vila de Sada e os máis cativos do club medirán as súas forzas a Xesuitinas e Xesuitinas Naranxa, os equipos do club coruñés, o sábado a partir das 9.30h.
Outros encontros da xornada son o que enfronta o outro sénior de Terceira Autonómica ao A.D.F.R.O na final polo 9o posto da liga Coruña-Ferrol-Lugo, o partido que medirá ás júnior de Infor-B contra Compañía de María e o que levará a Grelo a Canide a enfrontarse a Montrove no último partido de liga regular ao que os betanceiros chegan invictos. Os infantís de Cyrdega xogan o sábado contra Santa María do Mar, as infantís do Warnier na casa fronte a Basquet Coruña 2012 e, en canastra pequena, co Santo 2015 descansando, toca a vez de do Piccola Alameda (fronte a Liceo), do premini (fronte a Xiria) e do 91o, o premini feminino (fronte a Santa María do Mar) en partidos a celebrar no Agra e na Sagrada Familia. Co remate das ligas regulares á volta do camiño, en poucas semanas darán comezo as Copas de fin de temporada.